"PRECARIEDADE LABORAL" EN SALCEDA DE CASELAS
Traballar para o concello de Salceda "con 15 anos de experiencia e por 700 euros"
Os empregados públicos do Concello de Salceda e as distintas organizacións sindicais continuaron coas súas protestas no pleno municipal do venres día 26 de outubro
Aseguran que "se levan gastado en 10 anos máis de 600.000 € en asesoramento legal, avogados, indemnizacións a traballadores, intereses e incluso multas ante a Inspección de Traballo"
Os empregados públicos do concello de Salceda de Caselas e os distintos sindicatos, se manifestaron no pleno celebrado no concello o venres día 26 de outubro.
Aproveitan a ocasión, para dar paso a unha amplia campaña informativa aos veciños e veciñas de Salceda, sobre a súa "precaria situación laboral na empresa de Salceda que máis e mellor exemplo de 'boa praxis laboral' debería dar..... o seu Concello" explican os empregados públicos nun comunicado.
Os traballadores do Concello de Salceda lanzan ao aire "unha serie de preguntas coas que esperamos fagan reflexionar aos veciños e ao equipo de políticos que os goberna":
- "¿Saben os veciños/as que no Concello de Salceda hai traballadores/as con 15 anos de experiencia que apenas sobrepasan os 700 € de salario?
- ¿ Saben os veciños/as que o Concello de Salceda é o único de Pontevedra que non recoñece a antigüidade aos seus empregados/as?
- ¿ Saben os veciños/as que o Concello de Salceda incumpre a Lexislación ao non dispor de ningún Convenio Colectivo e ningunha Relación de Postos de Traballo?
- ¿ Saben os veciños/as que que os Órganos de Goberno de Salceda de Caselas recibirán ao remate desta lexislatura un total de 971.231,20 € en salarios, moito máis do que cobran todos os traballadores/as laborais deste concello xuntos/as?
- ¿ Saben os veciños/as que que neste concello se levan gastado en 10 anos máis de 600.000 € en asesoramento legal, avogados, indemnizacións a traballadores, intereses e incluso multas ante a Inspección de Traballo?
- ¿ Saben os veciños/as que que neste Concello se levan gastado en 10 anos máis de 500.000 € en publicidade e propaganda, namentres se un traballador está de baixa asume persoalmente unha parte da mesma?
- ¿Saben os veciños/as que o Concello de Salceda de Caselas pasou de 6000 a 9000 habitantes en 15 anos, e que nese período a plantilla municipal pasou de 45 a 35 traballadores?
- ¿Saben os veciños/as que os operarios deste Concello non teñen taquillas, nin duchas, nin vestiarios, e que nalgúns casos se cambian a intemperie?"
![[Img #46059]](https://xornal21.com/upload/images/10_2018/544_img-20181026-wa0012.jpg?33)
Os empregados municipais rematan o comunicado explicando que "esta é a situación, a día de hoxe, en pleno século XXI, nun Concello onde parece que en política de persoal aínda non saímos do século XX".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168