SALCEDA DE CASELAS
O PP prevé instalar a nova biblioteca municipal no edificio do actual Centro de Saúde
Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, ven de anunciar outro dos proxectos que irán plasmados no "contrato d@s populares c@s salcedenses nas próximas eleccións de maio de 2019".
O PP de Salceda leva meses facendo reunións con diferentes grupos de traballo, por iso, o seu voceiro anticipou outro dos proxectos cos que se pretende e quere mellorar o noso pobo, unha nova biblioteca municipal ubicada no edificio do actual centro de saúde.
Según manifesta Davila, “é coñecido o ruído que hai na actual Biblioteca para estudar, ler, concentrarse…, a nula insonorización da sala de estudo, engadindo a mala ubicación da mesma (praza do Concello) polo feito de que case todos os actos do noso pobo se celebran alí mesmo, o que fan case imposible ter un entorno tranquilo,sen ruidos e axeitado para o estudo, a lectura e a concentración precisa para elo”.
Os voceiro sinalou tamén que, “esta proposta de executar unha Gran Biblioteca Municipal no actual edificio do Centro de Saúde é precisa, e así o reclaman @s usuari@s a través das queixas respeto da actual situación; desta forma conseguiríamos que a biblioteca estivese nun edificio ben situado, en zona moito máis tranquila, accesible e amplo, onde gañaremos ampliamente en espazos, calidade e sobre todo, en luminosidade, do que carecemos agora. Unha gran obra para un gran pobo” afirma o voceiro popular.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104