Salvaterra de Miño
Excarcerado un home despois de envorcar o vehículo que conducía en Salvaterra
Un home resultou ferido despois de envorcar o vehículo que conducía ao seu paso pola localidade pontevedresa de Salvaterra de Miño. Ademais, o condutor e, único ocupante, tivo que ser excarcerado polos Bombeiros de Ponteareas, tras quedar atrapado no interior do turismo.
Ao fío das 00:30 horas desta madrugada, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia dun coche envorcado á altura do punto quilométrico 287 da A-52, dirección Ourense. Indicaba, ademais, que a persoa podía estar atrapada no seu interior.
A partir de aí, os xestores do 112 alertaron axiña ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Porriño e de Ponteareas. Tamén, os axentes de Tráfico se desprazaron ao punto nada mais ser requiridos polo 112 Galicia.
Unha vez liberado, o condutor foi evacuado polos servizos sanitarios de urxencia ao centro hospitalario de referencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21