Lunes, 27 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 27 de Abril de 2026 a las 12:06:55 horas

Xornal21.es
Miércoles, 31 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Tui lamenta "a falla de colaboración da Subdelegación do Goberno no desaloxo da pirotecnia"

En relación ao desaloxo das instalacións da Pirotecnia La Gallega, en Baldráns, o Concello de Tui quere manifestar a "ausencia de colaboración que está sufrindo por parte da Subdelegación do Goberno, titular das autorizacións en materia de explosivos".


Así, o Concello tras a visita que onte fixo á instalación a propiedade para desaloxar unha parte mínima do material existente na mesma, tivo coñecemento de que o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Tui, que instrúe a causa pola explosión, ordenou á Subdelegación a retirada e destrución do material que foi depositado na pirotecnia pola propia Subdelegación tras ser encontrado en sendos zulos uns días despois do suceso do 23 de maio.


Dende o Concello considérase imprescindible recalcar que "ata o día de onte non se tivo coñecemento no Concello nin de que se ordenara o depósito do material atopado nos zulos na pirotecnia, nin de que o Xulgado ordenara á Subdelegación a retirada deste material. Resulta inadmisible que o Concello non conte con dita información tendo en conta que con data 3 outubro de 2018 un asesor municipal se personou na Subdelegación en Pontevedra para tratar a coordinación entre administracións, e que o mesmo día se solicitou unha reunión coa Secretaria Xeral desta Subdelegación, reunión á que acudiría o alcalde e os técnicos municipais, non téndose obtido ata a data resposta algunha por parte da administración estatal".


Dado que é o Concello, a través do seu alcalde, o que está obrigado a executar a sentencia do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra de 2014 que anulou a licenza de actividade e obras da pirotecnia, é cando menos moi preocupante que recaia no municipio a presión pola inexecución da resolución xudicial cando hai outra administración tamén responsable de executar actuacións relacionadas co desaloxo de material, e por tanto, coa propia actividade da pirotecnia, que non colabora, nin se reúne, nin subministra información algunha.


Estes feitos, "van ser postos en coñecemento do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra aos efectos que procedan e sobre todo cumprindo coas obrigas municipais en execución de sentencia".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.