Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 03 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PSOE denuncia que "os nenos seguen comendo en contenedores sen servizos básicos"

As socialistas piden que MS e PP se deixen de anuncios e loiten polas condicións do Baby Boom

En resposta ás acusacións do alcalde, as concelleiras socialistas responden con contundencia “o alcalde volve unha vez máis a facer o de sempre, cruzarse de brazos e congratularse por un mal apaño”.


“Mes y medio después del comienzo de las clases, las niñas y niños siguen comiendo en contenedores sin los servicios básicos y el alcalde sale ahora a congratularse con un anuncio de que la Xunta va a realizar mejoras en los contenedores, cuando él mismo afirma que la única gestión por su parte fue del envío de un escrito en septiembre, sin moverse de la silla”, afirma Gela Ledo.


Pola súa parte, Verónica Tourón considera que “é surrealista que o Sr. Alcalde se congratule disto. Un alcalde que está a permitir que Salceda se converta nunha vila con cidadáns de segunda sen as necesidades básicas cubertas, permitindo unha ampliación insuficiente e permitindo que uns contenedores provisionais se queden aquí por moito tempo. Un alcalde que non reclama o que necesita Salceda, que dende o comezo nega o problema e que encima agora teña a pouca vergoña de recriminar ás concelleiras socialistas  porque reclaman o que debería haber feito el”.


“É incrible o que está sucedendo neste concello, un alcalde que sempre se definiu como abandeirado do ensino público e de calidade na Salceda do Baby Boom, non pode congratularse de que a Xunta anuncie unha mellora nuns contenedores que debería estar feita a comezos do curso, que agora anuncian para o segundo trimestre e non esixir como mínimo  unha solución definitiva a corto prazo, como levamos meses facendo nós”. “Está claro que o alcalde arrímase e defende a nefasta xestión educativa da Xunta de Galicia por comodidade, sen saír a realizar a interlocución necesaria, como quedou claro nas declaracións feitas pola concelleira de educación na que ela mesma daba a entender que non reclamaron unha ampliación do comedor”.


Tourón asegura que “tanto o alcalde como o partido popular en todo este tempo só se dedicaron a negar o problema e agora, a poucos meses das eleccións, chegan cos anuncios, e iso non é de recibo, pois deben lembrar que o problema do comedor como vimos dicindo non é agora, o problema deu comezo cando fai dous anos houbo que facer dúas quendas porque se duplicaron os usuarios”.


As concelleiras puntualizan en relación coas acusacións vertidas polo Sr. Alcalde que: “informar ós veciños non é alarmar, defender a comunidade educativa non é faltarlle ó respecto á mesma, ir ó Parlamento, á valedora do pobo ou a calquera estamento responsable non é ser partidista, se non que é obriga dos representantes do concello, e todo isto, deberían habelo feito tanto o alcalde, como a concelleira de educación, así como os representantes locais do PP que teñen a competencia na Xunta”.


“Pola nosa parte, non vamos a deixar de traballar nesta liña, porque é a nosa obriga defender a nais, pais e rapazada e non os intereses electoralistas do grupo do señor alcalde. E continuaremos así, porque nós non nos conformamos con que os salcedenses sexan cidadáns de segunda e teñan que estar toda a vida sufrindo parches no eido educativo. Estas recriminacións a que nos realicemos o noso traballo, só demostran o desinterese do señor alcalde polas nenas e nenos do baby boom”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.