PONTEAREAS
Recollida de firmas en Ribadetea para reclamar o saneamento
Demandan que as primeiras obras se acometan no ano 2019
A Plataforma Veciñal para o Saneamento de Ribadetea, comezou una campaña de recollida de firmas entre os veciños para reclamar ás administracións que se avance nos procedementos para facer efectivo o saneamento de augas residuais de toda a parroquia.
No texto asinado polos veciños, reclámase ó Concello de Ponteareas e á Xunta de Galicia a través da empresa pública Augas de Galicia: "a redacción inmediata do proxecto da rede de saneamento de augas residuais, para toda a parroquia de Ribadetea, incluído o barrio de Cillarga; a planificación da execución das obras de forma secuencial, ate que na fase final a totalidade dos veciños se poidan enganchar á nova rede de saneamento e a dotación dos fondos necesarios para que as primeiras obras se poidan acometer no ano 2019".
Coa sinatura da reclamación, os membros da plataforma estanlle a entregar os veciños, un folleto informativo na que se recollen as xestións realizadas ate o de agora asi como as razóns que fundamentan a reivindicación do saneamento da parroquia.
"O apoio maioritario dos 900 veciños a estas reclamacións estase manifestando coa participación masiva na recollida de firmas" sinalan dnde a Plataforma que espera"que as administracións públicas, sexan sensibles a esta reclamación unánime da parroquia de Ribadetea. Unha reclamación fundamentada no tamaño do núcleo de poboación, na eficiencia do custe por habitante do servizo e na protección medioambiental do río Tea".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119