PONTEAREAS
Infancia e Mocidade celebran un pleno extraordinario
A Concellería de Ensino convocou aos centros de primaria e ESO a participar no pleno da Infancia e Mocidade que terá lugar o 27 de novembro
A concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, aposta unha vez máis pola participación e convoca aos centros escolares ao pleno da Infancia e Mocidade que terá lugar o vindeiro 27 de novembro ás 10:30 horas.
En colaboración coa concelleira de Mocidade que dirixe Verónica Carrera e co obxectivo de formar cidadáns responsables, comprometidos e participativos, traballan nestes días cos centros escolares con alumnado escolarizado nas etapas de primaria e ESO para concretar o grupo que representará os intereses da comunidade educativa converténdose en concelleiros e concelleiras que exporán no salón de plenos dous temas previamente debatidos nas súas aulas.
Do que nese salón de plenos se decida tomarán boa nota os concelleiros e concelleiras do goberno xa que en Ponteareas as opinións e as suxerencias do alumnado son fontes de información das que se nutren as diferentes programacións específicas para mocidade e infancia.
Cristina Fernández convida ás nais e pais a asistir e ser testemuña dos acordos e compromisos que este pleno da infancia e mocidade toma.
“Ponteareas é unha cidade amiga da infancia na que a visión dos máis novos conta. So mediante a participación conseguiremos un futuro máis igualitario, máis comprometido e máis responsable. Que mellor que eles mesmos para falarnos das súas necesidades e expectativas!!!”, explica Fernández Davila.
Pola súa parte a concelleira de Mocidade salienta que os mozos e mozas de Ponteareas están moi implicados no futuro da súa cidade e así o demostraron no deseño da programación específica na que traballaron de xeito conxunto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119