PONTEAREAS
González Carrera: “o Goberno Municipal desvia a atención con mentiras”
"Despois de catro anos de mandato, de non escoitar nin responder os veciños, nestes días o goberno tripartido de Ponteareas, formado por BNG, PSOE e Riada do Tea, está a poñerse en contacto apresuradamente coas comunidades de veciños que posúen espazos de uso aberto e subsolo de propiedade privada. Fano tras a sentenza do Tribunal Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra que fai máis dun ano condenou ao goberno municipal a dar resposta á comunidade de veciños na zona das rúas Ameiros e Lavandeiras, despois de varias consultas formuladas polos propietarios e que o concello optou polo silencio administrativo" sinala o concelleiro independente Juan Carlos González Carrera
"A pesar daquela sentenza o goberno tripartito optou por seguir mantendo a calada por resposta, o que, tras unha nova demanda dos veciños afectados, deu lugar a un apercibimiento da xuíza, o pasado mes de setembro, condenando unha vez máis ao concello ao pago das costas e advertindo dunha posible multa de non contestar aos afectados" inidica.
“Agora veñen as présas”, sostén o concelleiro independente Juan Carlos González Carrera, “despois de pasar dos veciños e ser pillados, e tratan de ocultalo querendo dar volta á situación nos medios de comunicación, vestindo un problema, completamente seu por aplicar a súa política de cero transparencia, como algo que vén arrastrado de gobernos anteriores. Como é posible iso se 20 anos despois da cesión do uso público da superficie daquela promoción ningún outro goberno tivo problemas cos veciños e agora si?”.
O portavoz de ACiP insiste en puntualizar que “non permitirei a este goberno que tente confundir á cidadanía con informacións que son cortina de fume e coas que pretenden terxiversar a auténtica realidade: que un xulgado condenou ao actual goberno municipal por facer o que fixeron durante todo o seu mandato, nada”.
En calquera caso, o portavoz de ACiP quere deixar claro, respecto do asunto froito da demanda xudicial, que “a cesión que se fai ao concello é do uso da superficie, da praza, e conta cos informes xurídicos e urbanísticos necesarios para esa cesión, efectuada no ano 1998. É máis, resulta curioso que o mesmo asesor xurídico e a mesma arquitecta municipal que deron o visto e prace a aquela cesión, como a outras moitas, continúan no consistorio realizando as súas funcións. De verdade que este goberno vai vir agora poñendo en dúbida a profesionalidade de ambos?”.
Para González Carrera, “resulta curioso que os que din que hai que construír vivendas para os mozos agora critiquen unha iniciativa que no seu momento deu a oportunidade a 75 parellas de menos de 35 anos de idade. Nestes anos de mandato, eles fixeron algo polo estilo?”.
González Carrera lembra igualmente exemplos similares de concellos limítrofes, como o de Vigo -gobernado polo PSOE- onde a praza Elíptica ou Rosalía de Castro contan tamén con superficie de uso público e subsolo privado “e non existe ningún problema como o que o tripartito creou en Ponteareas, simplemente por non dar resposta ás demandas dos veciños, obrigando aos afectados a ter que recorrer á vía xudicial para que os seus gobernantes atendesen a petición”.
Como conclusión, o concelleiro independente pregúntase se habendo, como di o goberno, irregularidades nesa cesión de uso público, “como é posible que estas sexan amparadas por un Plan Xeral aprobado provisionalmente polo BNG, PP, Riada do Tea e PSOE, e no que ademáis se crean nova zonas de similar uso para desarrollar nun futuro?”.
O portavoz de ACiP ten claro que "non existe anomalía nin irregularidade naquela cesión e advirte ao alcalde que se continúa polo camiño de terxiversar a realidade, culpando a outros falsamente das súas incompetencias, non nos deixará outra opción que a de tomar medidas xudiciais para defender unha actuación que foi legal e conta con todos os informes correspondentes”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119