Galicia
A Xunta convoca entre os centros educativos un concurso de imaxes e videos para a campaña do 25N
Os centros, que xa foron informados a través dunha circular, teñen de prazo ata o próximo venres 9 de novembro para presentar os seus traballos
O concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais convocado pola Xunta con motivo da conmemoración, o próximo 25 de novembro, do “Día Internacional contra a violencia de xénero” entra na súa última semana de prazo, que rematará o próximo venres 9 de novembro.
A iniciativa está dirixida a calquera centro educativo de ensino non universitario de Galicia, que xa foron informados a través dunha circular. O obxectivo é promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero, e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.
O contido das pezas deberá incluír unha mensaxe clara e rotunda que promova a erradicación desta violencia. Poderán presentarse pezas gráficas (cartel, cómic, ilustración ou debuxo) ou audiovisuais (curtas, videoclips, performances, flasmobs...).
O concurso dividirase en dúas categorías: a primeira, para o alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO); e a 2ª, para alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato.
As pezas que resulten gañadoras en cada categoría poderán ser empregadas pola Xunta de Galicia na conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero do próximo 25 de novembro, ou noutras accións de sensibilización contra esta lacra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141