Martes, 30 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 06 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán dota de desfibriladores ás instalacións deportivas municipáis

O campo municipal de Condomínguez e o de San Pedro e o Pavillón Municipal, disporán por vez primeira de cadanseu Desfibrilador Externo Semiautomático tras ofrecer este sábado o curso de capacitación aos monitores dos diferentes clubes

O Concello de Nigrán ven de dotar de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) ás tres instalacións deportivas municipais, (Campo de fútbol de Condomínguez, Campo de fútbol de San Pedro   e Pavillón Municipal de Panxón) ademais, ven de formar aos técnicos deportivos para capacitalos no seu uso. O obxectivo é que as tres instalacións municipais sexan lugares cardioprotexidos e, consecuentemente, o Concello ofreceu este sábado a través do grupo salvavidas Aneks3 o curso formativo obrigatorio dirixidos aos monitores dos diferentes clubes que desenvolven competicións nestes espazos: E.D Val Miñor-Nigrán, Racing Vilariño, Club Baloncesto Nigrán, Panxón Futbol Sala e veteranos de fútbol sala.  Durante cinco horas adquiriron a capacitación para empregar correctamente este aparato e a realizar técnicas de reanimación cardiopulmonar.

 

"Aínda que a medida non é obrigatoria, a consideramos crucial porque en caso de infarto o rápido acceso ao desfibrilador pode ser a diferencia entre vivir ou non, e igual de importante que é ter o aparato é contar con técnicos que o saiban empregar correctamente, concretamente aqueles que están nas instalacións cando se está a competir", indica o alcalde, Juan González .

 

Coa mesma intención, antes de final de ano dotaranse de desfibriladores ás patrullas da Policía Local e, a continuación, instalaranse nos centros educativos (sempre previa realización do curso de capacitación). Compre suliñar que este verán foron dotados de DESA  tódolos postos de socorrismo das principais praias de Nigrán: Praia América (2), Panxón (1) e Patos (1) e ao que se sumou o que xa dispón Protección Civil no seu vehículo.

 

O  DESA é moi eficaz para a maior parte dos chamados paros cardíacos, que en gran porcentaxe son debidos a que o corazón  fibrila e o seu ritmo non é o axeitando, logrando estes equipos restablecelo. A súa efectividade é máxima no momento inicial, polo que é especialmente recomendable dispor de desfibriladores en lugares moi concurridos, como é o caso das praias, ou onde se practica deporte.  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.