GALICIA
Galicia participará no proxecto ‘Positive’ para o intercambio de experiencias entre países europeos para o control da velutina
Trátase dunha iniciativa dentro do espazo Sudoe (países do sudoeste europeo) que promove a transmisión de coñecemento e experiencia dos socios máis experimentados aos que levan menos tempo convivindo con esta especie
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, participará no proxecto Positive para o intercambio de experiencias e coñecementos para o control da vespa velutina entre países da zona Sudoe (países do sudoeste europeo).
Trátase dunha iniciativa -dentro dos proxecto Interreg-Sudoe- que ten por obxectivo contribuír á preservación dos insectos polinizadores que están sendo atacados por especies como a velutina e que merman a súa función polinizadorea natural; é dicir, buscarse o desenvolvemento de métodos conxuntos para o control deste insecto invasor, como é a vespa velutina.
Grazas a este proxecto contribuirase á preservación dos servizos de polinización, de xeito coordinado entre as organizacións académicas, administrativas, sociais e o sector apícola
O proxecto, que ten un orzamento de case dous millóns de euros (1.936.310) e conta con financiamento nun 75% de fondo FEDER, promove a transmisión de coñecemento e experiencia dos socios máis experimentados, como é o caso de Francia, aos que levan menos tempo convivindo coa especie, como son o norte e noroeste de España e de Portugal, e que se atopan en momentos importantes para a súa xestión.
Grazas a este proxecto, promóvese a colaboración entre organizacións académicas, administrativas, produtivas e sociais, incluíndo a cooperación cos xerentes das áreas naturais de SUDOE e o sector apícola, como principais implicados no deseño e implementación das ferramentas que xeren no proxecto. É dicir, facilitará un enfoque transnacional, fundamental para o control efectivo desta especie, xa que facilita a análise e a integración da información en todo o espazo SUDOE, asegurando o desenvolvemento de ferramentas adecuadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141