Domingo, 08 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 09 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A situación do transporte de viaxeiros en Galicia será abordada na feira ExpoBus Iberia

A primeira edición do certame ExpoBus Iberia, a cal se celebrará hoxe e mañá no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, abordará a situación do transporte de viaxeiros na comunidade galega.

 

Será nunha xornada que, inaugurada por un representante da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, analizará este tema tanto nun relatorio como nunha mesa redonda. O primeiro correrá a cargo de Javier Varela Tejedor, director do gabinete técnico do Concello de Culleredo, en A Coruña, mentres que a segunda  contará cos presidentes das catro asociacións representativas do sector en Galicia.

 

Así, a mesa redonda, estará composta por José Carlos García Cumplido, da Federación Galega de Asociacións de Viaxeiros en Autocar (Transgacar); Javier de Bidegaín García, da Federación Galega de Transporte de Viaxeiros (Fegatravi); Aurelio Cuiña Souto, da Federación Galega de Servizos de Transporte en Autobús (Fegabús) e Alfredo Vázquez Ferreño, da Asociación Nacional de Empresarios de Transportes en Autocares (Anetra).

 

Esta mesa, que estará moderada por Mayte Rodríguez López, directora da publicación profesional Carril Bus, analizará, entre outros temas, o Plan de Transporte Público para Galicia, o cal pretende optimizar o servizo de transporte na comunidade e adaptar as liñas de autobús ás necesidades dos galegos, especialmente do rural. Un plan que convirte a Galicia na primeira autonomía que, en cumprimento da normativa europea, activa a modernización integral da rede autonómica de servizos de autobús.

 

A cobertura, o número de viaxeiros transportados ou como foi a integración de servizos serán algúns dos aspectos dos que falarán os participantes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.