Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 07 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta incrementa as horas de atención ás persoas con alzhéimer en Mos

Increméntase nun 20% as horas de Servizo de Axuda no Fogar e completaranse os recursos de atención á primeira infancia e conciliación coa próxima apertura da nova escola infantil do polígono da Veigadaña

A conselleira de Política Social,  Fabiola García, destacou a aposta da Xunta por avanzar nos coidados ás persoas maiores a través de prestacións como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e unidades especializadas na atención do alzhéimer no concello de Mos. Fíxoo tras a xuntanza que mantivo esta mañá coa alcaldesa deste municipio, Nidia María Arévalo, que serviu para repasar os recursos e programas que este departamento autonómico ten en funcionamento nesta localidade pontevedresa.

 

En concreto, Fabiola García resaltou o incremento nun 20% das horas de axuda a domicilio postas a disposición do concello no último ano, o que eleva o total de horas anuais habilitadas ata as 59.500. Con esta medida, a Xunta está a poñer os recursos necesarios para que os maiores que así o prefiren poidan seguir vivindo nas súas casas e coas súas familias. Nesta liña, apuntou que Galicia seguirá sendo unha referencia en coidados no fogar. De feito, nos últimos meses incrementáronse 1,5 millóns de horas de SAF, unha prestación da que na actualidade se benefician máis de 22.600 persoas dependentes.

 

Outro dos asuntos abordados durante a entrevista foi o da atención á primeira infancia. Ao respecto, Fabiola García indicou que coa próxima entrada en funcionamento da nova escola infantil no polígono da Veigadaña o concello ampliará ata as 190 as prazas públicas de 0 a 3 anos que ten a disposición das familias, distribuídas en tres centros. Esta ampla oferta responde ao obxectivo da Consellería de garantir unha educación infantil de calidade con independencia dos recursos dos que dispoñan os pais ou do lugar onde vivan.

 

Neste sentido, a conselleira subliñou a importancia que teñen as políticas de apoio ás familias, aos menores e á conciliación nos novos orzamentos de 2019. Así, as partidas destinadas a esta finalidade medran un 8% en comparación co presente exercicio ata acadar os 143 millóns de euros, o triplo do que se dedicaba a este obxectivo fai nove anos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.