Lunes, 09 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 10 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Cinco estudantes de Pontevedra acadan os premios extraordinarios de ESO

O galardón valora o esforzo e dedicación do alumnado que cursou, cun excelente aproveitamento, a educación secundaria obrigatoria no sistema educativo galego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de conceder a 20 alumnos e alumnas galegos os Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ao rendemento académico correspondentes ao pasado curso 2017/18.

 

Estes galardóns, instaurados con carácter anual,  teñen como finalidade valorar o esforzo e dedicación do alumnado que cursou ESO no sistema educativo galego cun excelente aproveitamento académico.

 

Nesta edición, na provincia de Pontevedra resultaron galardoados 5 alumnos. Trátase de Lucía Navarro Míllara do CPR El Pilar (Vigo), Irene Pereira Reboredo do IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa), María Rodríguez Domínguez do CPR Plurilingüe Apostol Santiago (Vigo), Carmen de la Merced Lamas González do CPR Plurilingüe Calasancio (Pontevedra), e Eiko Alonso Guerrero do CPR Los Sauces (Mos).

 

A listaxe dos galardoados pódese consultar no Diario Oficial de Galicia, na ligazón https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181107/AnuncioG0534-291018-0001_gl.html.

 

Cualificación superior a 9 puntos
O conxunto dos 20 premiados de toda Galicia (a razón de 6 pola provincia da Coruña, 3 de Lugo, 6 de Ourense e 5 de Pontevedra) obtiveron unha media das cualificacións en todas as materias dos catro cursos de ESO igual ou superior a 9, e deles, o 55 por cento obtivo unha nota media de entre 9,75 e 10; o 35 por cento de entre 9,25 e 9,75; e o 10 por cento restante de entre 9 e 9,25.

 

Así mesmo lograron as mellores cualificacións na proba realizada para optar a ditos premios, que estaba estruturada en dúas partes. Unha primeira relacionada coas materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e primeira lingua estranxeira; e unha segunda sobre xeografía e historia, matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas e unha materia a escoller entre bioloxía e xeoloxía, economía, física e química, e latín.  

 

Cada premio está dotado cunha contía de 750 € e supón a anotación da distinción no seu expediente académico, así como un diploma acreditativo. Ademais outórgalles a posibilidade de concorrer aos premios nacionais de educación secundaria obrigatoria. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.