Domingo, 08 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 08 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
ALERTA TEMPORAL

Alerta laranxa por vento, choiva e temporal costeiro na provincia de Pontevedra

Por mor do temporal costeiro, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro, por vento e por choiva nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

 

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir desta noite esperase mar combinada con ondas que poderán superar os 6 metros e vento en mar de forza 7-8. Afectará ao litoral do oeste e noroeste da provincia da Coruña.

 

[Img #46343]

A partir das 9,00 horas de mañá, actívase tamén a alerta laranxa por choiva. Estímase  que poden chegar a acumularse 80mm en 12 horas, no oeste e suroeste da provincia da Coruña; no interior e nas Rías Baixas, na provincia de Pontevedra.

 

Así mesmo, estas precipitacións virán acompañadas de fortes ventos, e a partir das 12 horas,  poderá haber refachos de máis de 100 qm/h no noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo.

 

Suspensión actividades extraescolares

Por mor desta alerta, a Comisión Escolar de Alertas tomou a decisión de suspender mañá, a partir das 12:00 horas do venres día 9 ata as 00:00 horas do día 10, as actividades no exterior dos centros educativos das zonas de predición meteorolóxica de noroeste da Coruña e a Mariña.

 

En calquera caso, a Comisión decidiu que se manteña a actividade lectiva así como o transporte escolar en todos os centros educativos de Galicia. Aínda así, e como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.

 

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.