Lunes, 09 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 09 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PSdeG de Tui cree que o alcalde busca “tapar a súa imputación” coa “performance” de Madrid

Padín acudiu o mércores ao Ministerio de Política Territorial cun saco cheo de escombros. “Non saio do meu asombro”, di Cabaleiro, secretario xeral socialista

As e os socialistas non saen do seu asombro tras o acontecido este mércores fronte ás portas do Ministerio de Política Territorial. Enrique Cabaleiro, secretario xeral da agrupación, cree que Padín busca “tapar a denuncia contra el da Fiscalía” por "non cumprir coa orde de derribo que pesaba sobre o almacén pirotécnico".


“Desde aquí exíxolle ao alcalde que se deixe de espectáculos e atenda as súas funcións”, declara Cabaleiro. O socialista fai estas declaracións en referencia á “performane que Padín protagonizou onte” en Madrid, cando se plantou cun saco cheo de escombros fronte ao Ministerio que dirixe Meritxell Batet.


“Mentres se dedica a este folclore descoida tramitar outras subvencións, como a do Plan Huber da Xunta, que poderían ter suposto preto de 400.000 euros destinados a urbanizar Paramos, e que non foi concedida por non ter remitido o Concello ningún proxecto nin expediente”, denuncia.


Asemade, Cabaleiro quere lembrar que o Goberno de Sáchez mostrouse comprensivo coa vila. “O Executivo comprometeuse con Tui e coa súa veciñanza: declarou a zona como catastrófica en tempo récord e conseguiu que as axudas aos afectados non tributen polo IRPF; agora están traballando no protocolo para que comecen as tarefas de rebo”, asegura o secretario xeral tudense.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.