Lunes, 29 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 14 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
AS NEVES

As Neves continúa co asfaltado de camiños

O Concello das Neves continúa coa reparación de camiños durante 2018, agora en Garavisco-Aldea, Carrasqueira e Chan

A inicios de ano os esforzos tiveron que centrarse en Santa Olaia de Batalláns sobre todo en Trasdoval e Pío. As enchentes derivadas dos lumes de 2017 afectarons a 4 puntos nos que os regatos cruzan nas estradas deixando 3 desdes puntos co tráfico pechado. Aquí reparáronse as canalizacións, os muros e o asfaltado.


Nese mesmo tempo tamén se actou no paso ao barrio de Portela en San Xosé de Ribarteme onde entre o regato, o tempo e vehículos pesados se danou a ponte. Reparánronse canalizacións, muros e asfalto. Tamén en Caneiro en Taboexa foi preciso reparar un muro onde o regato e repoñer asfalto.


Meses maís tarde a actuación foi en Miranciños en Vide e en Costa en Setados. No primeiro conectando o barrio co de Viñas através da adecuación dun camiño xa existente. O segundo asfaltando de novo o camiño que conecta parte do barrio coa PO400.


Agora os traballos centránse en tres puntos. Nas Neves nos barrios de Garavisco e Aldea, asfaltando os tramos que conectan coa estrada provincial EP4204 Estación-As Neves. En Tortoreos no barrio da Chan actuando nun tramo que comeza na PO415 e que nos pode levar a Pedroso ou Redondelo. Tamén en Carrasqueira en Taboexa se repararán dous tramos moi próximos a autovía A52 que dan acceso entre outros ao campo de fútbol e ao circuíto de motocross.


Os vindeiros proxectos permitirán actuar en lugares como Calvario, Casal e na pista de San Pedro a Pousadouro

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.