MOS
As Xornadas Micolóxicas de Mos chegan a décimo quinta edición
A iniciativa aúna gastronomía, cultura, micoloxía e formación forestal grazas á colaboración de Concello, Comunidade de Montes de Mos e hosteleiros
Onte celebrouse o acto de presentación da XV Edición das Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos que tivo lugar no Bar Restaurante Curuxeira en A Rans, parroquia de Tameiga.
A presentación comezou ás 21.00 horas e contou coa asistencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, da concelleira de Participación Cidadá, Julia Loureiro, do concelleiro de Medio Ambiente, Cándido Pérez, da concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, da experta micóloga Puri Lorenzo, representantes da Comunidade de Montes de Mos e da Fundación Pazo de Mos; e representantes dos seis restaurantes mosenses participantes nas Xornadas Micolóxicas 2018 que ofreceron unha degustación dos pratos que van a servir na Gran Degustación de Cogomelos que se celebrará no contorno do Pazo de Mos o domingo 18 de novembro ás 12.00 horas e, a partir desa data e ó longo do resto do mes de novembro, nos propios restaurantes. Ditos pratos son por parte de Adega da Tía Carmen croquetas de setas con castañas e empanada de trigo con setas e castañas, por parte de O Cruceiro setas salteadas con coello e castañas, por parte do anfitrión Bar Restaurante Curuxeira fajitas recheas de setas e polo e tortilla de xamón e setas, por parte da Taberna Andaga revolto de setas con ortigas, por parte de Catering Jorge Lorenzo quiche de setas con lacón, consomé de níscalos con xamón e tarta de cantharellus con cremoso de quesos; e por parte da Tapería A Cova da Santa, pizza mar e monte: salmón afumado con variado de setas.
Esta degustación estivo maridada con viños xentileza dunha firma, que patrocina estas Xornadas.
A Gran Degustación do domingo 18 de novembro no contorno do Pazo de Mos estará complementada co III micomercado (mercado micolóxico). A xornada gastronómica prolongarase dende as 12.00 horas ata as 15.00 horas. De 11.00 horas a 14.00 horas e de 17.00 horas a 20.00 horas estará aberta ao público no Pazo de Mos unha exposición e consulta sobre cogomelos. E ás 12.00 horas haberá teatro infantil a cargo de Anxo Moure que representará Verbas do Monte (As Nosas Senlleiras). Seguidamente, sobre as 13.00 horas, actuará o grupo de pandereteiras Arume de Guizán.
Ademais do 8 ao 24 de novembro permanecerá aberta no Pazo de Mos a mostra As Nosas Senlleiras sobre árbores singulares da provincia.
Como cada ano nas Xornadas Micolóxicas de Mos, regresan as charlas e conferencias didácticas sobre micoloxía. Serán todas ás 20.30 horas no Pazo de Mos. O luns 12 de novembro Xosé Antonio Araúxo Rodríguez, presidente da Comunidade de Montes de Couso, Gondomar, falará sobre as alternativas para a explotación do monte. O martes 13 de novembro Luis González Rodríguez, profesor titular da Universidade de Vigo na Facultade de Bioloxía e responsable do grupo de investigación ecofisioloxía vexetal, plantas invasoras, dará a conferencia titulada ‘Eucalipto sí, eucalipto non. Planificación forestal’. O mércores 14 Marisa Castro, profesora titular do Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo ofrecerá a ponencia ‘Aproveitamento micolóxico nos montes galegos vs. incendios forestais’. O xoves 15 a bióloga especialista en micoloxía integrante do Grupo Micolóxico Galego, Puri Lorenzo, falará sobre os Boletus e xéneros afíns. E o venres 16 de novembro José Luis Tomé, da Federación Galega de Micoloxía, ofrecerá a charla ‘Cociñando cogomelos’.
Por último o sábado 17 de novembro de 10.00 horas a 13.00 horas realizarase a tradicional saída para a recollida e identificación de cogomelos guiada por dous monitores especializados. Para participar é necesaria inscrición previa no Pazo de Mos durante os días que se imparten as charlas sobre micoloxía. As prazas dispoñibles son limitadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104