MOS
A Fundación Pazo de Mos celebra o seu décimo aniversario
200 persoas congregáronse para celebrar a primeira década de vida da entidade que xestiona o edificio máis emblemático do municipio
O Pazo de Mos acolleu esta tarde un acto conmemorativo do décimo aniversario da súa restauración no que estiveron presentes o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o deputado pronvincial, Sántos Héctor, o presidente da Fundación Pazo de Mos, Antonio Rial, demais membros do goberno local, da directiva da Fundación Pazo de Mos e da Comunidade de Montes de Mos, e membros da Xunta Durectiva de AGADER, -Javier Veloso, da Comunidade de Montes de Randufe, e Fernando Magdalena Blanco, Secretario do GDR 14 e representante da Comunidade de Montes de Trasmañó-; entre outros moitos representantes das agrupacións integrantes do gran tecido asociativo mosense e veciños/as particulares. En total reuníronse na tarde de hoxe no Pazo de Mos unhas 200 persoas que quixeron celebrar esta primeira década de vida da Fundación que xestiona este emblemático edificio.
A Fundación Pazo de Mos consolídase como espazo para a cultura de referencia a nivel provincial no que respecta ao intercambio de ideas e experiencias coas asociacións e entidades públicas e privadas, pretendendo con elo o recoñecemento como iniciativa local.
A Fundación Pazo de Mos, de Interese Xeral Galego, celebra hoxe o seu décimo ano de vida reunindo a todas as partes (veciñanza, asociacións e institucións) que fixeron posible estes dez anos de éxitos. No evento fíxose un repaso á traxectoria da Fundación a través dun vídeo.
O presidente da Fundación, Manuel Barciela, destacou na súa intervención que “a de hoxe é unha xornada de celebración do que levamos conseguido, da unión a través da posta en valor do patrimonio e a cultura” e puntualizou que “sen a colaboración de todas as entidades tanto locais coma provinciais e autonómicas non podería ter sido percorrido este camiño de dez anos de historia”.
Pola súa banda a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, salientou “o valor histórico do Pazo de Mos e a súa importancia como insignia de identidade cultural do municipio”. Declarouse especialmente “emocionada como alcaldesa e como veciña da parroquia” e trasladoulles ós presentes os seus “orgullo, emoción, satisfacción e gratitude polo inmenso traballo que houbo e que hai detrás, primeiro da rehabilitación, e agora do mantemento e actividade do noso Pazo de Mos, que é centro de reunión e celebración de infinidade de cursos, exposicións, encontros, eventos sociais, culturais e musicais...etc. En definitiva, é o noso emblema”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104