MOS
Mos pon en marcha o seu cuarto Programa Integrado de Emprego “MOS 3.0”
Seleccionaranse a 100 persoas beneficiarias, 15 máis que no anterior programa
Tras o éxito este ano e o anterior dos respectivos programas integrados de emprego "MOS 3.0.", o Concello de Mos contará co seu cuarto programa que se porá en marcha durante o presente mes de novembro. Seleccionaranse a 100 persoas, sendo 15 máis que no anterior programa de emprego. Os colectivos que se van a seleccionar son os seguintes:
Persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga)
6
Persoas desempregadas mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero
4
Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación
35
Persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas
25
Persoas desempregadas maiores de 45 anos
Persoas desempregadas beneficiarias da axuda do programa de recualificación profesional (Prepara)
25
5
TOTAL
100
Detectouse unha falta de candidatos en alguns colectivos, polo que se amplían a selección tamén a persoas desempregadas con discapacidade, e persoas desempregadas perceptoras de prestacuións, subsidios de desemprego ou renda activa de inserción (RAI).
A selección das persoas que vaian participar neste programa realizaraa a Oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia, para cuxo efecto abrirá unha lista, e as persoas interesadas en optar a este plan xa poden efectuar a súa inscrición na súa oficina de emprego, citando o seu interese en participar no Programa Integrado de emprego Mos 3.0, do Concello de Mos (código 930). Tamén se poderán dirixir directamente á Concellaría de promoción económica, emprego e novas tecnoloxías, situada na Axencia de Colocación de Mos (Avda. Peinador, 39, 36416, Mos) e manifestar o seu interese en participar no Programa.
Nos anteriores programas de emprego conseguiuse unha porcentaxe superior ao 70% de insercións. Por iso a Consellería de Economía, Emprego e Industria (Xunta de Galicia), que financia estes programas, confiou novamente no noso proxecto, e financiou un programa ambicioso, no que durante 12 meses, os 100 participantes terán o seu titor e orientador/a que lles axudarán a conseguir un emprego relacionado co seu perfil, ou ben, adaptar o perfil de cada un deles ás demandas das empresas, a través de formación adaptada a esas necesidades e realmente práctica, mesmo nas mesmas empresas, e a través doutras accións transversales.
O edil de Promoción Económica, Óscar Soto Abadín, expresa a súa satisfacción por lograr máis financiamiento e número de participantes, co que se posibilita que máis persoas en desemprego accedan á formación e poidan integrarse no mercado laboral. “Os programas integrados resultaron ser unha das ferramentas máis útiles _dentro das políticas activas de emprego desenvolvidas desde a nosa concellaría e desde o Concello de Mos_ para conseguir unha porcentaxe tan alta de insercións. Igualmente, é unha das mellores ferramentas, para traballar man a man coas empresas, cubrindo as súas necesidades de persoal, e tendo en conta as súas necesidades en canto aos perfís dos participantes, ofrecendo aos mesmos unha formación que lles permita adaptar os seus perfís a esas necesidades”.
Tras o éxito este ano e o anterior dos respectivos programas integrados de emprego "MOS 3.0.", o Concello de Mos contará co seu cuarto programa que se porá en marcha durante o presente mes de novembro. Seleccionaranse a 100 persoas, sendo 15 máis que no anterior programa de emprego. Os colectivos que se van a seleccionar son os seguintes:
|
Persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga) |
6 |
|
Persoas desempregadas mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero |
4 |
|
Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación |
35 |
|
Persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas |
25 |
|
Persoas desempregadas maiores de 45 anos Persoas desempregadas beneficiarias da axuda do programa de recualificación profesional (Prepara) |
25 5
|
|
TOTAL |
100 |
Detectouse unha falta de candidatos en alguns colectivos, polo que se amplían a selección tamén a persoas desempregadas con discapacidade, e persoas desempregadas perceptoras de prestacuións, subsidios de desemprego ou renda activa de inserción (RAI).
A selección das persoas que vaian participar neste programa realizaraa a Oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia, para cuxo efecto abrirá unha lista, e as persoas interesadas en optar a este plan xa poden efectuar a súa inscrición na súa oficina de emprego, citando o seu interese en participar no Programa Integrado de emprego Mos 3.0, do Concello de Mos (código 930). Tamén se poderán dirixir directamente á Concellaría de promoción económica, emprego e novas tecnoloxías, situada na Axencia de Colocación de Mos (Avda. Peinador, 39, 36416, Mos) e manifestar o seu interese en participar no Programa.
Nos anteriores programas de emprego conseguiuse unha porcentaxe superior ao 70% de insercións. Por iso a Consellería de Economía, Emprego e Industria (Xunta de Galicia), que financia estes programas, confiou novamente no noso proxecto, e financiou un programa ambicioso, no que durante 12 meses, os 100 participantes terán o seu titor e orientador/a que lles axudarán a conseguir un emprego relacionado co seu perfil, ou ben, adaptar o perfil de cada un deles ás demandas das empresas, a través de formación adaptada a esas necesidades e realmente práctica, mesmo nas mesmas empresas, e a través doutras accións transversales.
O edil de Promoción Económica, Óscar Soto Abadín, expresa a súa satisfacción por lograr máis financiamiento e número de participantes, co que se posibilita que máis persoas en desemprego accedan á formación e poidan integrarse no mercado laboral. “Os programas integrados resultaron ser unha das ferramentas máis útiles _dentro das políticas activas de emprego desenvolvidas desde a nosa concellaría e desde o Concello de Mos_ para conseguir unha porcentaxe tan alta de insercións. Igualmente, é unha das mellores ferramentas, para traballar man a man coas empresas, cubrindo as súas necesidades de persoal, e tendo en conta as súas necesidades en canto aos perfís dos participantes, ofrecendo aos mesmos unha formación que lles permita adaptar os seus perfís a esas necesidades”.







































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104