Domingo, 01 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 12 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

Gañamos califica de “despropósito” os novos parques infantís construidos en Mos

Imaxe da zoa "anegable" na que se constrúe o Parque da Pesqueira / Imaxe Remitida GañamosImaxe da zoa "anegable" na que se constrúe o Parque da Pesqueira / Imaxe Remitida Gañamos

Desde Gañamos, Cristóbal López e Román González veñen de emitir un comunicado no que alertan do “despropósito” que suponen as instalación de ocio que se están a construir no Concelñlo de Mos, calificandoas de “disparates” que “ademáis teñen un coste económico para a veciñanza”.

 

Radiaccións electromagnéticas nas Pozas

Sobre o parque infantil construido ao carón do Multiusos das Pozas, desde o Grupo Municipal GañaMós alertan que a “beira desta parcela hai unha subestación de transformación eléctrica non soterrada” feito que indicaron hai un ano, pedindo “a necesidade de solicitarlle á compañía eléctrica que tomara as medidas pertinentes para paliar os efectos prexudiciais para a saúde das ondas electromagneticas de alta intensidade que produce unha estación transformadora destas características”.

 

Dende Gañamos sinalan que “por desgraza o goberno municipal do PP non fixo nada para subsanar esta circunstancia e os nenos e nenas que van a este parque xogan expostos a radiación electromágnetica”.

 

Parque duplicado en Puxeiros

 

[Img #46479]

Desde Gañamos tamén critican “o anuncio da construción dun parque infantil no Campo da Feria en Puxeiros cando xa hai un parque infantil en bo uso a dez metros do que pretenden facer ao outro lado da rotonda”.  Explican que hai outras demandas veciñais que se poden atender facendo unha cancha de minifubito, de baloncesto, de petanca ou mesmo un ariéiro para cativos antes de duplicar un parque infantil, xa que toda a zona de Portela e Puxeiros carece de  instalacións deportivas municipais se non fora polo CSCD As Pedriñas a veciñanza non tería un lugar de esparcemento e lecer” lamentan.

 

Ademáis califican de “misterio” a “petición da asocación de veciños da Portela xa que eles descoñecen este asunto e ademais hai tempo que está asoiación está parada”.

 

Parque da Pesqueira

Por último, Cristóbal López e Román González, arremeten contra a idea do Concello de Mos de instalar o parque da Pesqueira nunha zoa ”anegable”, explican que “aínda se pensan que poden dominar o río Louro e esquecen as inundacións e destrozos de anos pasados. Increible que a estas alturas aínda se constrúan parques nas zonas declaradas anegables. A construcción deste parque da Pesqueira pegado ao río Louro nunha zona que tense anegado no pasado coas crecidas do río é o derradeiro disparate” informan no comunicado de prensa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.