GONDOMAR
Manifesto Miñor denuncia o abandono do Punto Limpo de Gondomar
Xosé Antón Araúxo Rodríguez, Concelleiro de Manifesto Miñor, denuncia públicamente o" abandono e desidia na xestión do punto limpo de Gondomar.
Dende Manifesto Miñor explican que "a comezos de Agosto a compañía que tiña adxudicada o servizo, avisou documentalmente por via administrativa das dificultades crónicas que viña sufrindo a empresa que entraba en concurso de acreedores e que hipotecaban o seu futuro, e por tanto, abandonaba o servizo ao concello de Gondomar. O 24 de setembro a empresa SOIL RECORVERY S.L., volvía a dirixirse ao concello para instalo con urxencia á execución subsidiaria do servizo do PUNTO LIMPO, así como á subrogación dos contratos de traballo vixentes, adxuntando todo o soporte legal no que se baseaban estas peticións. Tanto ordenamento xurídico tanto das leis de contratos de servizos públicos, como das directivas europeas laborais".
Xosé Antón Araúxo denuncia que "nada disto fixo o Concello de Gondomar, tampouco adxudicou o servicio a outra empresa, nin siquera llo fixo público aos veciños que desinformados, se atopaban coas portas nos fuciños, cando ían levar materiais".
"Mentres o veciño concello de Baiona, afectado pola mesma situación e pola creba da mesma empresa, procuraba una solución cunha adxudicación provisional a FCC, a Alcaldía de Gondomar, deixaba paralizado o servizo, afirmando que era imposible solucionar temporalmente o problema, como forma de chantaxe para tratar de obrigar ás forzas políticas a que votasen favorablemente a proposta empresarial, na que a Alcaldía estaba interesada" explica.
O Concelleiro de Manifesto Miñor di que "con tres meses de restraso por incapacidade de xestión, o concello de Gondomar vai abrir de novo o Punto Limpo, esta vez con persoal que nada sabe de temas de residuos sólidos, nin puntos limpos. Obrigará a traballar neste lugar a desempregados que veñen de ser contradados polo plan de deputación aos que previamente non formou".
"Un Punto Limpo é un pilar fundamental da reciclaxe, por ocuparse de productos que poden ser perigosos para a saúde ou para o medioambiente. Un goberno verdadeiramente sensible a este tema tería feito un proxecto de modernización do Punto Limpo de Gondomar máis ambicioso, que contemplase a ampliación e o aproveitamento de materiais con maior reutilización" asegura o edil.
Para Araúxo "a desesperante desidia na acción de goberno ten agora consecuencias tamén económicas. O Punto Limpo acumula entre 300 e 400 colchóns,( que pesan unha media de 40kg, cada un), É preciso evacualos mediante a contratación dun transporte pagado, que se rixe por tarifas en función do peso en kg. Se esta xestión se fixese no seu momento, cando estaban secos, o prezo do servizo, sería moito menor. Agora enchoupados de agua, os gondomareños teremos que pagar un custe moi superior, polo Abandono, abulia, desidia ou apatía do noso concello".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149