GALICIA
A Xunta estuda cos secretarios, interventores e tesoureiros a adaptación da normativa autonómica ao novo réxime estatal
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, reuniuse onte con representantes do Colexio de secretarios, interventores e tesoureiros da administración local (Cosital)
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, reuniuse onte con representantes do Colexio de secretarios, interventores e tesoureiros da Administración local (Cosital) para estudar a adaptación da normativa autonómica ao novo réxime estatal.
O obxectivo do encontro foi coñecer as achegas dos funcionarios habilitados nacionais nesta materia. Cómpre recordar que a publicación do Real Decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional supón a necesidade de elaborar un novo decreto que substitúa ao 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da comunidade autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter estatal.
Esta reunión inscríbese no diálogo fluído que a Xunta mantén cos secretarios, interventores e tesoureiros que exercen o seu traballo na comunidade autónoma.
Neste sentido, cómpre tamén recordar que a Administración autonómica habilitou este ano por vez primeira unha bolsa de interinos destinada a cubrir as vacantes dos postos de habilitación nacional que existan nos concellos galegos. Trátase dun sistema áxil, eficaz e que libera ás entidades locais do custo económico dun proceso selectivo. Os concellos interesados poden solicitar voluntariamente a cobertura destes postos a través deste procedemento cando non poden facelo de xeito definitivo ou en comisión de servizos, acumulación ou nomeamento provisional.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136