Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 14 de Abril de 2026 a las 20:46:44 horas

Xornal21.es
Viernes, 16 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas licita o servizo de limpeza dos CEIPs do centro urbano

Ata o 12 de decembro as empresas poderán concurrir para ofertar a limpeza das instalacións de tres centros educativos

O concello de Ponteares a través da concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández abre o prazo de presentación de licitacións para o servizo de limpeza dos colexios Nosa Señora dos Remedios, Bouza Brey e M. Ramiro Sabell Mosquera.

 

Nun proceso aberto e transparente, as empresas interesadas deberán presentar as súas propostas antes do día 12 de decembro.

 

A falta de persoal por xubilación e a restrición de contratación por parte do Estado fan que nesta licitación se incorpore a limpeza das instalacións do CEIP Ramiro Sabell ao carecer o concello de persoal suficiente para desempeñar estas labores.

 

“En 2015 había nove limpadoras das que catro se foron xubilando en distintos anos. Un feito que nos deixa con tan só cinco limpadoras para todos os edificios municipais (Biblioteca, concello, Asprodico, auditorio, conservatorio, cdl, centro social…). A lei marca que ao ano tan só se pode substituir o 50% dos laborais fixos, as xubilacións de indefinidas e de persoas con contratacións por sentencias non entran dentro deste 50%. Se se xubila ao ano unha soa persoa do servizo de limpeza xa non podes contratar a ninguna porque o 50% de unha é nada. A isto súmaselle a xubilación de empregadas non fixas que tampouco entran neste 50%. Froito de contratacións irregulares doutros gobernos herdamos agora esta situación de escasez”, explica Cristina Fernández.

 

A concelleira engade que a día de hoxe “non temos xeito de contratar a máis persoal pero seguimos a ter cinco prazas vacantes e en canto o Estado nos permita a contratación ofertarémolas”.

 

Inclusión social
Nesta ocasión, a limpeza do CEIP Ramiro Sabell está reservada a centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral. A concellería concederá este contrato a empresas que persigan a inclusión sociolaboral, co obxecto de promover o emprego entre as persoas con discapacidades.


 
Ademais, a concellería incorpora nos pregos da limpeza dos tres centros educativos que no suposto de que a empresa adxudicataria non conte con persoal propio suficiente para  acometer   a  execución deste  contrato  e  precise   contratar   persoal   para  esta actuación,   adquirirá   o   compromiso   de   incorporar   na   execución   da   prestación persoas desempregadas que se atopen en especial dificultade para acceder ao emprego, en proporción adecuada ao número total de traballadores que deban contratarse para a execución do contrato, tanto pola empresa contratista como, no seu caso, das subcontratistas.

 

A empresa que resulte adxudicataria deberá limpar o total das edificacións e instalacións de cada centro escolar tanto interiores como exteriores. O importe total para este contrato de dous anos prorrogables en dous anos é de 1.117.628,13€.

 

 

 

 

A contratación da limpeza do Ramiro Sabell resérvase para empresas de inserción laboral

 

 

 

 

Entre os servizos que deberán ofrecer atópase o retén de limpeza para un total de tres eventos anuais, limpezas a fondo mensuais e anuais, visita e control do encargado que designe a empresa e un responsable co que contactar en calquera momento, entre outros moitos puntos que debe incluir a proposta da empresa que resulte adxudicataria co fin de ofrecer o mellor servizo para a comunidade educativa.

 

Por vez primeira o concello de Ponteareas conta cun departamento de contratación con persoal especializado que fai posible procesos de contratación por concurrencia competitiva e licitacións públicas no marco da nova lei que supoñen procesos transparentes e que brindan aos interesados e interesadas a oportunidade de concurrir.  Co apoio do servizo de contratación o goberno de Ponteareas licitará nestes días diversas obras e servizos en beneficio da calidade de vida da veciñanza.

 

“Ao por orde nos departamentos e persoal cualificado podemos hoxe sacar adiante proxectos e melloras en beneficio de todos e baixo procesos abertos axustados ás normativas e leis de contratación”, explica o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.