O PORRIÑO
A alcaldesa presenta unha querela por "reiteradas agresións verbais" con cualificativos coma ‘rata de dos patas’
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de presentar unha querela contra U. G. A., por “reiteradas agresións verbais, insultos, inxurias e calumnias verquidas durante anos en alegacións presentadas no Rexistro municipal".
Segundo explican nun comunicado de prensa emitido polo Concello do Porriño "este mesmo mes, nun escrito do pasado día 6, este individuo referíase á alcaldesa como 'Rata de dos patas', unha aldraxe á que hai que sumar outras, os días 31 de xullo, 7 de agosto e 11 de agosto de 2017, 2 de abril, 28 de xuño, 24 de xullo, 18 de setembro, e 23 de outubro, só por citar as do último ano, na que cualifica á rexedora coma 'mentirosa cumpulsiva', 'impostora', 'usurpadora', 'fantasma', 'teatrera', 'inepta' ou 'trampera de Alaska'; mesmo a compara co ministro nazi de Propaganda, Joseph Goebbels, co dictador de Corea do Norte, Kim Jong-un ou a acusa da comisión de delitos coma o de falsidade documental".
En nota de prensa dende o Concello aseguran que "as infamias deste suxeito, abranguen a outros membros do Goberno local, coma o responsable do Urbanismo, Marceino Coto, ou á concelleira de Educación, Lourdes Moure, á que define nunha das súas alegacións coma 'inepta, necia ou indocumentada', e da que afirma que non sabe ler e a membros da prensa, coma un coñecido xornalista do diario Faro de Vigo, ao que chama 'vendido' ou 'paniaguado'".
García de la Torre subliña que toma esta decisión, logo de “anos de vexacións, ante o incremento do comportamento violento deste individuo, que nunca foi rexeitado polas concelleiras e concelleiros do Partido Popular, que mesmo no Pleno do Concello, lonxe de rexeitar o mesmo riron as ocorrencias deste suxeito, que mesmo dirixiu á alcaldesa o cualificativo de 'mentirosa' dende os asentos do público asistente á xuntanza da Corporación".
A rexedora afirma que a súa intención é que U. G. A. “responda ante a xustiza polo seu comportamento violento, polo grave dano moral que está a causar e para que o odio, o insulto e o descrédito desaparezan da vida pública”.
"Agredida verbalmente"
Dende o Concello do Porriño sinalan que "esta non é a primeira vez que Eva García de la Torre é agredida verbalmente, en persoa o unas redes sociais, por membros do Partido Popular ou persoas vencelladas ao anterior alcalde, entre elas o seu irmá que se dirixira a ela chamándoa 'Hija de puta' e 'guarra', ofensas polas que presentou unha denuncia 'que retirei no xuízo cando este señor pediume perdón…pensando que as súas desculpas e o seu arrepentimento eran reais' ”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11