Miércoles, 15 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 14 de Abril de 2026 a las 20:46:44 horas

Xornal21.es
Jueves, 15 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
GALICIA

O goberno presenta a veciñanza e empresarios o novo Plan Xeral

O Alcalde de Ponteareas e a Tenente de Alcalde e concelleira de Urbanismo reuniránse coa veciñanza e co tecido empresarial en distintas reunións nas que presentarán o documento do Plan Xeral de Urbanismo (PXOM) logo de dar cumprimento ás modificacións impostas pola Xunta de Galicia.

 

Tras ter presentado  ante a comisión informativa de urbanismo, Xosé Represas e Chus Garrote queren que tanto os empresarios como a cidadanía coñezan o documento resultante unha vez aplicadas as modificacións requeridas impostas pola Xunta de Galicia para a súa aprobación.

 

Alcalde e Tenente de Alcalde, acompañados dos técnicos redactores do PXOM e dos técnicos municipais así como de outros concelleiros do goberno, explicarán o resultado de aplicar os cambios imprescindibles para que a Xunta de Galicia o autorice.

 

O goberno quere así realizar unha vez máis un exercizo de "participación e transparencia no que quede exposto públicamente o planeamento que dirixirá o futuro de Ponteareas, ademais de resolver as dúbidas que sobre este documento poidan ter os e as asistentes".

 

Represas e Garrote queren reunirse co empresariado o venres día 23 ás 19 horas no salón de plenos, que como creadores de emprego, debe coñecer como se resolve o solo industrial da Lomba e tamén a regularización das actividades industriais dispersas en distintos puntos do concello (Angoares, Areas (Picoto, Ganade e Alemparte), Arcos, Confurco e Prado). Nos vindeiros días o colectivo empresarial recibirá as comunicacións municipais a este respecto.

 

A pesar de que este documento non satisfai as expectativas do grupo de goberno,  presentarán o documento indispensable para a súa aprobación e que segue a normativa vixente ante a veciñanza nun encontro aberto no auditorio municipal o vindeiro xoves 29 ás 19 horas.

 

“Para sair da parálise da situación actual que prexudica gravemente o emprego e impide que Ponteareas medre e para dar garantía xurídica a diferentes situacións, a única solución é contar cun plan de ordenación sen máis demoras. O período de alegacións xa concluíu. A Xunta rexeitou o documento aprobado en pleno donde se recollían a maioría das alegacións. Só nos queda tramitar o documento que a Xunta admite para poder comezar a medrar. Non podemos seguir nesta situación. A Xunta obriga a reconducir o documento nos termos que agora expomos. É a única saída ao bloqueo urbanístico”, matiza Chus Garrote.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.