MOS
Maña domingo degustación micolóxica o domingo no Pazo de Mos
Os pratos preparados polos 6 restaurantes mosenses participantes nas Xornadas Micolóxicas poderán degustarse o vindeiro domingo a partir do mediodía ao módico prezo de 2,5 euros
O Concello de Mos de Mos anima á veciñanza mosense e de localidades da contorna a participar na Gran Degustación de mañá domingo, 18 de novembro, nos exteriores do Pazo de Mos.
Os seis restaurantes mosenses participantes nesta Gran Degustación das Xornadas Micolóxicas 2018 ofrecerán diversos pratos consistentes en: por parte de Adega da Tía Carmen croquetas de setas con castañas e empanada de trigo con setas e castañas, por parte de O Cruceiro setas salteadas con coello e castañas, por parte do Bar Restaurante Curuxeira fajitas recheas de setas e polo e tortilla de xamón e setas, por parte da Taberna Andaga revolto de setas con ortigas, por parte de Catering Jorge Lorenzo quiche de setas con lacón, consomé de níscalos con xamón e tarta de cantharellus con cremoso de quesos; e por parte da Tapería A Cova da Santa, pizza mar e monte: salmón afumado con variado de setas.
O prezo de cada tapa será de 2,50 euros e a bebida (auga ou viño) custará 1 euro. O pack de tapa máis bebida pagarase a 3,50 euros, un prezo popular para que calquera persoa poida degustar a variedade de pratos deseñados este ano para celebrar a XV Edición das Xornadas Micolóxicas de Mos.
A partir do domingo e ó longo do resto do mes de novembro, nos propios restaurantes, poderanse degustar tamén estes mesmos pratos.
A Gran Degustación do domingo 18 de novembro no contorno do Pazo de Mos estará complementada co III micomercado (mercado micolóxico). A xornada gastronómica prolongarase dende as 12.00 horas ata as 15.00 horas. De 11.00 horas a 14.00 horas e de 17.00 horas a 20.00 horas estará aberta ao público no Pazo de Mos unha exposición e consulta sobre cogomelos. E ás 12.00 horas haberá teatro infantil a cargo de Anxo Moure que representará Verbas do Monte (As Nosas Senlleiras). Seguidamente, sobre as 13.00 horas, actuará o grupo de pandereteiras Arume de Guizán.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104