Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 16 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
A Guarda

O grupo local «The Pretty Shirts» presenta o seu último disco cun concerto na Praza do Reló da Guarda

O vindeiro sábado día 24 de novembro ás 22:30h a Praza do Reló será no escenario do concerto de presentación do último traballo discográfico do grupo local «The Pretty Shirts» titulado «A Few Seconds». Este concerto conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello da Guarda.

 

The Pretty Shirts é unha banda de rock and roll cru e directo que segue a premisa orixinal do garage-rock, gastando todas as enerxías sobre o escenario. A banda, nada na Guarda (Pontevedra) no 2009, tras varios proxectos dos seus compoñentes, xurde coa única premisa de crear rock and roll e percorrer canto escenario sexa posible.

 

En outubro de 2011 inician as gravacións de estudo para o seu primeiro EP de presentación «So Good To Be Right Here» recibindo unha moi boa resposta por parte do público. En Xuño de 2014 publican un single de dous temas titulado «Ain’t No Another Love Song» e despois de rodar por múltiples escenarios con este single, en abril de 2015, gravan o seu primeiro LP homónimo en Baixo Miño estudios. O disco conta con 8 temas nos que, por unha banda, se mira a enerxía do seu directo e pola outra, o lado máis sosegado da banda. En outubro de 2018 presentan «A Few Seconds» da man de Clifford Records. Un álbum conceptual composto por 11 cancións onde The Pretty Shirts falan do imprevisible camiño que transcorre entre o primeiro e puro amor, pasando por noites escuras, euforia, erros, penitencia e situacións de superación ata que a gran verdade debe ser afrontada.

 

Compoñentes: Miguel Castro – Guitarra y coros Miguel Domínguez Lomba – Voz Manuel González – Percusión y coros Álvaro Vázquez – Bajo

Artista: The Pretty Shirts

Título: A Few Seconds

Formato: 12" LP

Cat #: Clifford-130LP

Sello: Clifford Records

Fecha de lanzamiento: 11/10/2018

Tracklist: 1. My Girl 2. I Sink In The Mud 3. Big Muscles Little Brain 4. Madrid City Lights 5. Smoke 6. Can't Get Enough 7. A Few Seconds 8. Black Coffee 9. Memories 10. Train With No Brakes 11. What I Am

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.