PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra celebrará en Barcelona un workshop para o sector turístico da provincia
O evento, que terá lugar o 27 de novembro e forma parte das liñas do Plan Estratéxico de Turismo, conta xa coa participación de 25 empresas da provincia
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ven de anunciar a realización dun workshop entre empresas do sector turístico da provincia de Pontevedra e firmas catalás que se celebrará o próximo día 27 en Barcelona. Esta iniciativa forma parte das liñas do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020 que busca cumprir co obxectivo dunha “xestión intelixente do destino, compartida entre os axentes con competencias turísticas no terreo”, tal e como explicou a Presidenta durante a rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno.
Trátase da primeira edición dun evento que reunirá no Hotel Gran Marina de Barcelona a 25 empresas do sector turístico de Pontevedra cunha delegación empresarial de Cataluña. Durante a xornada, que dará comezo ás 19h, terán lugar reunións dinámicas coa vista posta en abrir novas vías de negocio e xerar novas oportunidades para o sector turístico da provincia. “De feito xa temos pechadas 85 citas con empresas catalás para establecer esas vías de colaboración coa nosa delegación”, anunciou Silva.
“Desde a Deputación estamos a lanzar novidosas iniciativas encamiñadas a converter esta provincia nun destino turístico mellor e máis competitivo”, quixo recordar a presidenta provincial. “Hoxe queremos presentar esta actividade, que xurdiu como demanda do propio sector turístico durante unha mesa de traballo. Nós cremos que era unha boa idea, e as boas ideas facémolas nosas”, explicou.
Trátase dunha iniciativa xurdida desde o propio sector e canalizada a través da Deputación, que xa ten pechadas 85 citas con empresas catalás
Entre as empresas da provincia que participan podemos atopar hoteis, bodegas, casas de turismo rural, axencias de viaxe, empresas de produtos turísticos e servizos auxiliares e emprendedores. A cota de inscricións para participar neste acto, no que tamén colabora o Clúster de Turismo de Galicia, tivo que pecharse aos tres días da súa apertura pola alta demanda por parte do sector turístico pontevedrés.
O Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020, dotado cun orzamento de 12 millóns de euros, ten entre os seus obxectivos, ademais dos mencionados con anterioridade, posicionar o destino Rías Baixas, a través da definición duns valores de marca do destino turístico e coa proposta de plans de comunicación e promoción axeitados e adaptados a novos fluxos de mercados, tanto nacionais como internacionais. Asemade, a Deputación tamén busca a través das 40 accións diferenciadas ofertar un destino multiexperiencial a través da implantación dunha carteira de produtos turísticos que poñan en valor a riqueza do territorio e que se dirixan cara públicos específicos de demanda con capacidade de desestacionalización.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186