SALCEDA DE CASELAS
Empregados do Concello critican que o goberno cobre en catro anos 971.231 € fronte a salarios de apenas 700 euros dalgúns traballadores
Mentras esperan unha chamada “para negociar” sinalan que o Equipo de Goberno de Salceda “leva gastado en 10 anos máis de 600.000 € en asesoramento legal, avogados, indemnizacións a traballadores, intereses e incluso multas ante a Inspección de Traballo”
Os empregados públicos do concello de Salceda de Caselas e os distintos sindicatos, veñen de preamizar unha manifestación de protesta nas portas do Auditorio Municipal de Salceda, coincidindo coa Celebración da I Gala do Deporte de Salceda de Caselas.
Aproveitaron a ocasión, para “continuar coa campaña informativa de cara aos veciños e veciñas de Salceda, para exteriorizar o seu conflito laboral, informar sobre a súa precaria situación laboral na empresa de Salceda que máis e mellor exemplo debería dar...o Concello”.
Deste xeito intentan facer reflexionar ao seus veciños e veciñas aproveitando para lanzar ao aire unha serie de preguntas : ¿Saben os veciños/as que no Concello de Salceda hai traballadores/as con 15 anos de experiencia que apenas sobrepasan os 700 € de salario?; ¿ Saben os veciños/as que o Concello de Salceda é o único de Pontevedra que non recoñece a antigüidade aos seus empregados/as?; ¿ Saben os veciños/as que o Concello de Salceda incumpre a Lexislación ao non dispor de ningún Convenio Colectivo e ningunha Relación de Postos de Traballo?; ¿ Saben os veciños/as que que os Órganos de Goberno de Salceda de Caselas recibirán ao remate desta lexislatura un total de 971.231,20 € en salarios, moito máis do que cobran todos os traballadores/as laborais deste concello xuntos/as?; ¿ Saben os veciños/as que que neste concello se levan gastado en 10 anos máis de 600.000 € en asesoramento legal, avogados, indemnizacións a traballadores, intereses e incluso multas ante a Inspección de Traballo?; ¿ Saben os veciños/as que que neste Concello se levan gastado en 10 anos máis de 500.000 € en publicidade e propaganda, namentres se un traballador está de baixa asume persoalmente unha parte da mesma?; ¿Saben os veciños/as que o Concello de Salceda de Caselas pasou de 6000 a 9000 habitantes en 15 anos, e que nese período a plantilla municipal pasou de 45 a 35 traballadores?; ¿Saben os veciños/as que os operarios deste Concello non teñen taquillas, nin duchas, nin vestiarios, e que nalgúns casos se cambian a intemperie?;
Os representantes dos traballadores agardan unha chamada “que reinicie dunha vez por todas a negociación, de cara a chegar a un acordo que ou é inminente, ou o conflito pode converterse nun quiste irrecuperable”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104