Mentras que goberno e oposición discuten recriminándose mutuamente a xestión económica do Concelllo
Un centro de empresas e autónomos quedan sen cobrar no Porriño
A alcaldesa, Eva García de la Torre asegura que "o PP do Porriño impide que se pague a máis de 100 pequenas empresas e autónomos" mentres Alejando Lorenzo, dende o PP, di que se trata dunha “condena unánime da oposición á xestión económica do Goberno”.
"O Partido Popular impediu que o Pleno da Corporación do Porriño aprobase o pago a máis de 100 pequenas empresas e autónomos de 554.134,08€ por produtos e servizos prestados ao Concello" segundo explica alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre nun comunicado emitido dende o Concello do Porriño.
"Os concelleiros populares votaron en contra do Recoñecemento Extraxudicial de Créditos polo devandito importe maila a que as facturas que o Goberno levaba ao Pleno da Corporación amosaban que as devanditas empresas acredoras realizaran os traballos ou entregaran as mercadorías polas que levan meses agardando cobrar" explican dende o Concello engadindo que "esta non era a primeira vez que o Goberno local pedía ao Pleno que aprobase o pago destas cantidades e tampouco" -subliñou a alcaldesa, Eva García de la Torre- "era a primeira vez que o Partido Popular, rexeitaba que se pagase a este autónomos e pequenas empresas".
García de la Torre: O PP mesmo votou no seu día en contra de pagar máis de 2,7 millóns de euros adebedados a pequenas empresas e autónomos cando estivo á fronte do Goberno local
García de la Torre lembroulle ao presidente dos populares do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo que "o Partido Popular mesmo votou no seu día en contra de pagar máis de 2,7 millóns de euros adebedados a pequenas empresas e autónomos cando estivo á fronte do Goberno local, goberno do que o señor Lorenzo formaba parte".
Así mesmo, a alcaldesa sinalou que "mentres que, en catro anos o seu goberno levou a Pleno dous recoñecementos extraxudiciais por un total de 2,8 millóns de euros, cantidade da que o 90% era por facturas pendentes da xestión do Partido Popular, o goberno presidido por Nelson Santos, do cal formaba parte o actual presidente local do PP, Manuel Alejandro Lorenzo, presentou a Pleno en 5 anos, tendo maioría absoluta na Corporación, recoñecementos extraxudiciais por máis de 9,5 millóns, tal e coma reflicte a contabilidade municipal”.
En contra de dúas modificacións do PXOM
Na mesma liña, -explican dende o Concello- "o Grupo Municipal do Partido Popular impediu coa súa abstención (sabendo que o seu voto afirmativo era necesario) que saísen adiante dous modificacións puntuais do Plan Xeral de Ordenación Urbana: no ámbito dos polígonos industriais de A Granxa e sur do PPI 5, e no ámbito da N-120 no núcleo de Painzal".
En relación con este último ámbito sinalan que "dase a circunstancia, como salientou o concelleiro de Urbanismo, que no anterior mandato municipal, o Partido Popular que estaba á fronte do Concello, tentara facer a mesma modificación".
Marcelino Coto engadiu que" ademais diso, nestes mesmo mandato, o señor Lorenzo e outros responsábeis populares mantiveran xuntanzas cos promotores desta iniciativa para converter en chan non consolidado este ámbito o cal, como saben ben os representantes do Partido Popular, suporía evidentes vantaxes para O Porriño”.
O concelleiro denunciou que "detrás de este voto dos populares está a súa intención de paralizar toda acción do actual goberno" o cal, subliñou “a quen prexudica en realidade é ás nosas veciñas e veciños”.
Lorenzo: “o Goberno Municipal de Porriño chocou de fronte coa condena unánime da oposición á súa xestión económica”
"Cunha facturación de máis de 3 millóns de euros debida a provedores, o Goberno Local leva a pleno tan só un terzo das facturas que se deben a provedores seleccionando as mesmas de maneira totalmente arbitraria" sinalan os populares.
Para o PP "o Goberno Municipal de Porriño chocou de fronte coa condena unánime da oposición á súa xestión económica. Con preto de 3.000.000 de euros en facturas a provedores sen fiscalizar e retiradas da contabilidade municipal -xamais levadas a pleno para o seu recoñecemento-, devoltas por concelleiros e alcaldesa, Non Conformadas ou co conforme tachado, alegando ausencia de contrato e na maioría dos casos sen contar con partida orzamentaria para poder contratalas, a coalición levaba a pleno 3 recoñecementos extraxudiciais de crédito por importe de 554.134,08 euros, 180.983,45 euros e 63.000 euros. Sen contar en ningún dos tres, co apoio dos grupos que conforman a oposición".
O primeiro deles, explican os populares, "por importe de 554.134,08 euros corresponde a facturas pendentes de provedores de servizos, obras ou subministracións que presentan constatadas irregularidades na súa contratación, porque foron contratadas sen partida orzamentaria, saltándose os procedementos de contratación legalmente establecidos. Moitas delas foron rexistradas en 2017 e devoltas alegando "ausencia de contrato" ou calquera outro motivo, aparecendo novamente en 2018, incluso sendo manipuladas para tachar o conforme ou con Tipp-Ex a ausencia de contrato".
O segundo, "por importe de 180.983,45 euros pretendía recoñecer facturas a unha empresa que facturou ao Concello do Porriño nos últimos anos máis de 300.000 euros e que está a ser obxecto de investigación xudicial. Esta empresa, presentou facturas por "alugueres de equipos audiovisuais" que rezaban no seu concepto "segundo contrato" e "segundo orzamento" a pesar de non ter contrato algún nin contar con partida para iso, chegando a facturar en porcentaxes (dividindo o servizo nun 60 e un 40%) facendo constar este fraccionamiento no propio concepto".
O terceiro, "por importe de 63.000 euros, pretendía abonar facturas a dous empresarios (familiares entre si) alegando a "necesidade" que tiñan de cobrar por estes traballos e que "corrían risco de perder as súas casas". Estas facturas foron presentadas no ano 2017, retiradas alegando ausencia de contrato, e rexistradas de novo aceptándoas en 2018 a pesar de non contar con contrato. Falamos dun núcleo familiar, correspondente a un membro destacado da lista electoral de UDDL (este, a súa muller, a sobriña desta e o seu irmán) que facturou en concepto de rozas e limpeza de viaria máis de 300.000 euros e que está a ser obxecto de investigación xudicial por estas contratacións, atopándose ambos en calidade de investigados polos presuntos delitos de Tráfico de Influencias, Prevaricación e Falsidade Documental. Cabe destacar que polos mesmos feitos e os mesmos delitos o Ministerio Fiscal presentou denuncia contra os edís Manuel Carreira e Orlando Márquez e contra a alcaldesa, Eva García . Sorprende pois, a decisión totalmente arbitraria de abonar o pago a estes provedores e non ao resto apuntando a unha razón máis persoal que xustificada" manifestan desde o PP.
Pola súa banda, a Interventora Municipal emitiu un infome sobre as facturas incluídas nos recoñecementos de crédito levados a pleno, a petición do grupo municipal popular, no que sinalaba que "as facturas correspondentes aos expedientes citados proveñen de contratos nos que se incorreu nas seguintes irregularidades": "contratos verbais", totalmente prohibida e causa de nulidade de pleno dereito; "contratos nos que se omitiu o procedemento legalmente establecido", causa de nulidade absoluta de pleno dereito, " fraccionamiento de contratos" e "inexistencia de crédito orzamentario". Sinalando que estas irregularidades son "causa de emisión de reparo suspensivo". A interventora municipal conclúe no seu informe que "debido a que estamos ante actos nulos de pleno dereito que non admiten convalidación deberá procederse á revisión de oficio dos mesmos", tal e como solicitara o Partido Popular que sinala a “negativa do Goberno Local, que se nega a que se investigue unha a unha a facturación municipal e a que se elabore de maneira detallada unha relación das facturas pendentes así como as causas polas que non se imputaron ao orzamento do exercicio de procedencia”. Apunta tamén que, tras a revisión desta facturación, e só no caso de obter ditame favorable do órgano consultivo correspondente, "estaremos en condicións de elaborar unha proposta de recoñecemento extraxudicial".
Con todo isto, "e a fin de desmentir as acusacións e mentiras vertidas polo Goberno Municipal sobre este grupo, desde o Partido Popular manifestan que o Partido Popular do Porriño non vai ser cómplice das irregularidades cometidas pola coalición PSOE- UDDL, nin do engano e estafa ás empresas e autónomos que prestan ou prestaron os seus servizos ao Concello nin do dano ocasionado ao herario público".
Os populares denuncian "a responsabilidade do caos económico e a elevada débeda a provedores corresponde unicamente ao Goberno Municipal do Porriño que gasta o que non ten, paga servizos que non foron debidamente xustificados mentres deixa sen cobrar a outros provedores e fai desaparecer as súas facturas de traballos que de xeito evidente si foron prestados, sáltase os procedementos legalmente establecidos para contratar, engana ás empresas e tenta posteriormente tapar as súas corruptelas con mentiras, tentando envorcar no Pleno da Corporación unha responsabilidade que é exclusivamente súa".
O PP explica que "non é responsable de que os provedores non cobren. A alcaldesa, Eva García, e o seu socio de goberno, Manuel Carreira, amenten aos provedores e empresas asegurando que o Partido Popular vota en contra de pagar as súas facturas, cando tan só levaron a pleno un terzo das mesmas e ademais fixérono seleccionándoas de maneira totalmente arbitraria. Con tal motivo, convidamos á alcaldesa Eva Garcia e a Manuel Carreira a que teñan o valor de citar as facturas de empresas que fixeron desaparecer, as que devolveron, as que xamais foron levadas a pleno e a contestar se se han incluído nalgún REC as facturas das orquestras e actuacións das Festas do Cristo, as facturas da Piscina Municipal, recollida de lixo, seguros, instalación de papeleiras..."
Por último indican que "O pleno da corporación non é o órgano encargado de aprobar o pago de facturas. É o Goberno Municipal quen ten competencia para iso e tan só en casos excepcionais pode recorrer ao pleno a través de Recoñecementos Extraxudiciais de Crédito, medida que a coalición PSOE- UDDL utiliza de maneira sistemática para eludir as súas responsabilidades".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11