NIGRÁN
Obradoiro de cultivo de cogomelos en Nigrán
Os interesados no obradoiro deben inscribirse na Oficina de Información Cidadá do Concello ou no 986365000 dende este luns 19 ao venres 23. Está dirixido a empadroados e conta cun máximo de 30 participantes
O Concello de Nigrán desenvolve este mes de novembro as xa tradicionais xornadas adicadas á micoloxía. Así, o domingo 25 haberá no Auditorio Municipal un obradoiro de cultivo de cogomelos gratuíto para o que é preciso apuntarse ata o venres 23 na Oficina de Información Cidadá do Concello de 9 h a 14 horas ou no 986365000. As prazas para participar neste Obradoiro son 30 e cubriranse por rigorosa orde de inscrición tendo sempre prioridade as persoas empadroadas no municipio. O día anterior, sábado 24, haberá un roteiro ambiental sen límite de asistentes que incluirá a busca e identificación de cogomelos polo futuro parque forestal Os Matos-río Táboas (Camos e Chandebrito).
O obradoiro de cultivo será impartido por Manuel Domínguez, educador e intérprete ambiental con gran experiencia neste eido. Os asistentes recibirán semente para o cultivo, sustrato, recipientes e demais material complementario para poder levar a cabo o obradoiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217