Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 23 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Goberno Local do Porriño acomete obras para mellorar a accesibilidade

Coa inversión de máis de 90.000€ na contorna de Domingo Bueno, rúa San Benito e acceso ao Cemiterio Municipal

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, vén de rematar o acondicionamento de beirarrúas para mellorar a accesibilidade na contorna da Avenida de Domingo Bueno, rúa San Benito e acceso ao Cemiterio Municipal.


“Este proxecto segue a facer realidade a vontade do Concello de mellorar a accesibilidade e a mobilidade peonil nas nos rúas e prazas, algo que vimos demostrando dende que asumimos o Goberno Municipal”, sinala Manuel Carrera.


As obras, co-financiadas pola Consellería de Política Social, dentro do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, veñen a actuar nunha parte do Porriño que non cumpría a normativa legal en materia de accesibilidade.


Os traballos abrangueron catro áreas de actuación: a beirarrúa dende o aparcamento do supermercado Eroski ata o cruzamento coa rúa Fernández Areal,; o paso de peóns de San Benito, que atravesa o Parque;  beirarrúa dende a escaleira anterior ata a rúa San Sebastián, xunto co paso de peóns cara ao parque e o cemiterio e a o propio acceso ao camposanto que “tiña uns problemas evidentes de accesibilidade”.


Como sinala Manuel Carrera, esta actuación, que contou cun orzamento de máis de 90.000€, “é unha das máis importantes realizadas polo Goberno local en materia de accesibilidade” e supuxo o ancheado da beirarrúa que chega a o paso peonil de Fernández Areal e a substitución do pavimento que estaba danado; fíxose unha “resolución” dos dos cruzamentos, á altura da rúa San Benito, que se refixeron na súa totalidade establecendo unha pendente acaída e sen resaltes, o mesmo que o paso de peóns de cruce da avenida.


Por último, subliña o concelleiro de Vías e Obras, “soluciónase o problema de accesibilidade ao  cemiterio cunha nova rampla e unha nova escaleira, ademais da actuación na súa contorna inmediata, a eliminación dos catro chanzos existentes que había no camiño de pedra que daba entrada ao camposanto e creando no seu lugar unha rampla con menos do 6% de desnivel”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.