ESPECIAL ENERXIA
Das palabras aos feitos na aposta por unha economía verde
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, compareceu no Parlamento para explicar as Directrices Enerxéticas 2018-2020, a planificación da Xunta para abordar o cambio do modelo enerxético
Conde avanzaba un investimento de máis de 3000M€ nos vindeiros tres anos, o triplo que o destinado a este sector desde 2009.
Francisco Conde, destacaba, na súa comparecencia no Parlamento para presentar as Directrices Enerxéticas de Galicia 2018-2020, que con esta planificación Galicia pasa das palabras aos feitos na súa aposta por unha economía verde.
Tal e como indicou, as Directrices son o guieiro para impulsar na Comunidade a transición intelixente cara a un modelo enerxético sustentable ao promover un investimento público-privado neste sector, que representa o 4,3% do PIB galego, de máis de 3000 millóns de euros no vindeiro trienio -o triplo que o destinado desde 2009- coa previsión de crear máis de 12.000 empregos.
Segundo o conselleiro, permitirán dar a Galicia un salto cualitativo para mellorar a calidade de vida dos galegos, abaratando os custos enerxéticos e aumentando a calidade da subministración, e acadar un crecemento económico sustentable, apostando pola eficiencia enerxéticas e as enerxías renovables de carácter autóctono.
Neste sentido, está programado un investimento en enerxías renovables de 1300 millóns de euros para a instalación de máis de 1200MW. Conde referiuse ao desenvolvemento da enerxía eólica e, en concreto, á importancia da nova figura que recolle a Lei de implantación empresarial, os proxectos de especial interese, que permitirán axilizar a tramitación de, polo de agora, 28 novos parques cun investimento de 758 millóns de euros e unha potencia de 685MW.
Por outra banda, as Directrices tamén inciden na diminución do consumo e na sensibilización sobre a eficiencia enerxética con dúas metas claras: aforrar 150 millóns de euros, unha redución nos consumos do 4%. Conde asegurou que o obxectivo é conseguir que a cultura da eficiencia enerxética estea no día a día das empresas e familias. Un dos proxectos destacados neste eido será a iniciativa pioneira do primeiro Ecobarrio galego en Ourense, que contará coa primeira rede de xeotermia de Europa, de máis de 5 quilómetros, cunha rede de district heating que conta cun orzamento de 8,3 millóns de euros.
Conde tamén se referiu a medidas a prol da mobilidade sustentable, a mellora da subministración e o impulso a proxectos de innovación. Todo este conxunto de iniciativas permitirán crear oportunidades para as empresas do sector enerxético e desenvolver unha economía máis competitiva.
Conde avanzaba un investimento de máis de 3000M€ nos vindeiros tres anos, o triplo que o destinado a este sector desde 2009.Francisco Conde, destacaba, na súa comparecencia no Parlamento para presentar as Directrices Enerxéticas de Galicia 2018-2020, que con esta planificación Galicia pasa das palabras aos feitos na súa aposta por unha economía verde.
Tal e como indicou, as Directrices son o guieiro para impulsar na Comunidade a transición intelixente cara a un modelo enerxético sustentable ao promover un investimento público-privado neste sector, que representa o 4,3% do PIB galego, de máis de 3000 millóns de euros no vindeiro trienio -o triplo que o destinado desde 2009- coa previsión de crear máis de 12.000 empregos.
Segundo o conselleiro, permitirán dar a Galicia un salto cualitativo para mellorar a calidade de vida dos galegos, abaratando os custos enerxéticos e aumentando a calidade da subministración, e acadar un crecemento económico sustentable, apostando pola eficiencia enerxéticas e as enerxías renovables de carácter autóctono.
Neste sentido, está programado un investimento en enerxías renovables de 1300 millóns de euros para a instalación de máis de 1200MW. Conde referiuse ao desenvolvemento da enerxía eólica e, en concreto, á importancia da nova figura que recolle a Lei de implantación empresarial, os proxectos de especial interese, que permitirán axilizar a tramitación de, polo de agora, 28 novos parques cun investimento de 758 millóns de euros e unha potencia de 685MW.
Por outra banda, as Directrices tamén inciden na diminución do consumo e na sensibilización sobre a eficiencia enerxética con dúas metas claras: aforrar 150 millóns de euros, unha redución nos consumos do 4%. Conde asegurou que o obxectivo é conseguir que a cultura da eficiencia enerxética estea no día a día das empresas e familias. Un dos proxectos destacados neste eido será a iniciativa pioneira do primeiro Ecobarrio galego en Ourense, que contará coa primeira rede de xeotermia de Europa, de máis de 5 quilómetros, cunha rede de district heating que conta cun orzamento de 8,3 millóns de euros.
Conde tamén se referiu a medidas a prol da mobilidade sustentable, a mellora da subministración e o impulso a proxectos de innovación. Todo este conxunto de iniciativas permitirán crear oportunidades para as empresas do sector enerxético e desenvolver unha economía máis competitiva.




















Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217