MOTOR
Hyundai instalará placas solares nos seus coches a partir de 2019
Hyundai Motor adiántase ao futuro presentando unha tecnoloxía propia capaz de recargar os vehículos eléctricos utilizando a luz solar. Utiliza paneis solares xeradores de electricidade instalados no teito ou no capó dos vehículos.
Con este desenvolvemento, Hyundai demostra a súa capacidade de innovación no campo da mobilidade sustentable, onde xa conseguiu algúns dos fitos máis importantes da industria. Despois de lanzar o primeiro modelo con tres modos de propulsión electrificada nunha única plataforma, o Hyundai IONIQ, e de facer o propio co vehículo de pila de combustible de hidróxeno máis avanzado do mercado, o Hyundai NEXO, agora a compañía anuncia un sistema de carga solar viable para entrar en produción nun futuro próximo. Esta tecnoloxía de paneis solares, ademais de incrementar a autonomía dos vehículos eléctricos ou híbridos enchufables, tamén será compatible cos modelos de combustión interna para mellorar a súa eficiencia.
Na actualidade, Hyundai Motor Group está a desenvolver tres tipos de sistemas de carga mediante paneis solares. O teito solar de primeira xeración aplicarase aos modelos híbridos e conseguirá cargar entre o 30 e o 60% da batería ao día, segundo as condicións climáticas e do ambiente. Esta tecnoloxía utiliza unha estrutura de paneis solares de silicio producidos en serie instalable en calquera tipo de teito.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217