Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 23 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOTOR

Kona eléctrico segue conquistando Europa e recibindo recoñecementos

Tras o exitoso lanzamento no verán de 2018, o novo  Hyundai  KONA Eléctrico está a gañar importantes premios do mundo do motor. O segundo vehículo de  Hyundai completamente  alimetado por batería, está a ser premiado pola súa: autonomía, rendemento,  asequibilidad e facilidade de uso en xeral.


En numerosas probas independentes de longa distancia, o  KONA Eléctrico superou os 482 quilómetros rexistrados oficialmente baixo as probas  WLTP. Unha das primeiras probas de autonomía levou a cabo para o Salón de París. Cinco  KONAS Eléctricos con dous xornalistas cubriron a distancia de Frankfurt a París. O alcance máximo alcanzado foi de 506 quilómetros cunha velocidade media de 75 quilómetros por hora.


Ademais, o  KONA Eléctrico alcanzou os 613 quilómetros cunha soa carga nunha proba realizada pola revista de automoción máis grande de Alemaña, Auto  Bild. A revista francesa de Motor,  Caradisiac estableceu un récord aínda máis alto no Salón do Automóbil de París. O  KONA Eléctrico viaxou 734,4 quilómetros cunha soa carga e superou a todos os da competencia.


En Reino Unido, nas probas de gama real para coches eléctricos:  What  Car? que complementa as súas probas de ' True  MPG' para coches de gasolina e diésel,  KONA Eléctrico logrou unha cifra 'real' de 416.8 quilómetros cunha soa carga: a maior autonomía de todos os que probaron. O  KONA Eléctrico, equipado cun paquete de baterías de 64 kWh, probouse xunto con outros 13 modelos de cero emisións na pista de probas de  Millbrook  Proving  Ground, en condicións distintas de condución.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.