SALUD
“Ver para Aprender” chega a 191 colexios galegos
Desde o pasado 11 de outubro e ata o próximo 9 de xaneiro, os alumnos deses colexios poderán someterse a unha revisión visual –screening– sen custo para comprobar o estado da súa visión
191 colexios de 55 municipios galegos son convidados a participar na campaña de concienciación e revisión en materia de saúde visual infantil “Ver para Aprender”. A iniciativa, que conta xa coa súa terceira edición, foi posta en marcha pola asociación de utilidade pública Visión e Vida e o Consello Xeral de Colexios de Ópticos-Optometristas e pretende explicar ás familias e os educadores a importancia que unha boa visión ten na aprendizaxe.
A realidade é que se sabe que un de cada tres casos de fracaso escolar pode estar relacionado cun problema de visión non resolvido, xa que o 30% das dificultades de aprendizaxe derivan de dificultades de eficacia e percepción visual. Con todo, e a pesar do desenvolvemento do sector da saúde visual, sabemos que só tres de cada dez nenos menores de sete anos acudiron algunha vez para realizarse unha revisión visual completa.
Por iso esta campaña está a ser un éxito de resposta por parte dos equipos docentes e as familias, quen ten á súa disposición material informativo para aprender como coidar a visión dos menores e detectar rapidamente calquera potencial problema que afecte o seu desenvolvemento educativo. En palabras de Juan Carlos Martínez Moral, Presidente do Consello Xeral de Colexios de Ópticos-Optometristas, “é imprescindible que a Administración se implique na detección e erradicación de problemas visuais que poidan xerar un aumento da taxa de fracaso escolar, por iso damos apoio a esta campaña que cremos que non só axudará a concienciar ás familias e ao profesorado, senón que nos permitirá colocar a saúde visual na axenda política deste país”.
Dos preto de 1.500 equipos de optometristas voluntarios dispoñibles en toda España, 77 son establecementos sanitarios de óptica de Galicia. Eles darán servizo aos colexios pontevedreses dos seguintes municipios: Pontevedra, Vigo, Redondela, Nigrán, Porriño, Salceda de Caselas, Lalín, Silleda, Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Tomiño, A Guarda, Salcidos, Ponteareas, Bueu e Cangas.
Calquera que o desexe pode utilizar a información colgada na web www.verparaaprender.es.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218