Lunes, 29 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 27 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán dota de catro desfibriladores 
ás patrullas da Policía Local e forma aos axentes 
no seu uso

A Policía Local de Nigrán será unha das primeiras de Galicia en contar con estos aparatos e a única na comarca. O investimento, de 6.596 €, permitirá que actúen en caso de ataque cardíaco mentras non cheguen as urxencias sanitarias

O Concello de Nigrán ven de investir 6.596,58 € en catro desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) para uso da Policía Local de Nigrán, que empregará tres deles nas respectivas patrullas móbiles e un para permanecer na Casa Consistorial. Consecuentemente, os axentes, repartidos en diferentes turnos, recibiron durante esta semana e a pasada a formación necesaria e obrigatoria para o seu manexo da man do grupo salvavidas Aneks3. Esta medida fai que a Policía Local de Nigrán sexa unha das primeiras de Galicia en contar con estes aparatos e pioneira na comarca.

 

O obxectivo do goberno de Nigrán é que, en caso de parada cardiaca, os axentes poidan actuar incluso antes de que cheguen as urxencias sanitarias e garantir a vida da persoa e, se é necesario, restablecer o ritmo cardíaco a través dunha descarga eléctrica. "A Policía Local está na rúa as 24 horas e moitas veces é a primeira en chegar aos lugares onde se rexistra algún incidente, por iso é moi importante que teñan acceso a un desfibrilador e que estén totalmente capacitados para o seu uso.  En caso de parada cardiaca, a rápida actuación pode ser a diferencia entre vivir ou non", explica Rubén Rial, edil de Seguridade Cidadá.

 

 

 

 

Recentemente dotouse de desfibriladores o campo municipal de Condomínguez, o Vilariño e o Pavillón Municipal, ademais das principais praias durante o verán

 

 

 

 

Recentemente o Concello de Nigrán dotou de desfibriladores ás tres instalacións deportivas municipais (Campo de fútbol de Condomínguez, Campo de fútbol de Vilariño e Pavillón Municipal de Panxón) e formou para o seu correcto uso aos técnicos deportivos dos clubes que compiten nestes espazos e ao conserxe do Pavillón. Compre suliñar ademais que este verán foron dotados de DESA  tódolos postos de socorrismo das principais praias de Nigrán: Praia América (2), Panxón (1) e Patos (1). O próximo obxectivo do goberno é que se instalen nos centros educativos  do municipio. "Queremos que Nigrán sexa un territorio cardioprotexido preparado para salvar vidas ante paradas cardiorrespiratorias, con elo tratamos de garantizar a seguridade dos nosos veciños e de quen nos visita", resume o alcalde, Juan González.

 

O  DESA é moi eficaz para a maior parte dos chamados paros cardíacos, que en gran porcentaxe son debidos a que o corazón  fibrila e o seu ritmo non é o axeitando, logrando estes equipos restablecelo. A súa efectividade é máxima no momento inicial, polo que é especialmente recomendable dispor de desfibriladores en lugares moi concurridos, como é o caso das praias, ou onde se practica deporte.  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.