Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 23 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

A Biblioteca de Mos aumenta a súa oferta con preto de 400 novos exemplares

A ampliación bibliográfica foi posible grazas á concesión de dúas subvencións autonómicas

Ademáis intégrase no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia

Dende a concellería de Cultura do Concello de Mos, que dirixe a edil Sara Cebreiro, infórmase de que a Biblioteca Municipal de Mos ven de recibir dúas subvencións da Xunta de Galicia que lle permitiron ampliar a súa colección bibliográfica en preto de 400 exemplares.


Os novos volumes foron adquiridos grazas ás axudas autonómicas para entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editorias en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas municipais, integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia.


As axudas concedidas foron unha de 1.750,77 euros ao abeiro do programa de subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego e en formato físico e outra de 3.609,74 euros ao abeiro do progama de subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas.


Con estas cantidades a Biblioteca Municipal de Mos adquiriu un total de 360 libros. Os volumes adquiridos son libros solicitados polos propios usuarios/as da Biblioteca, títulos de lectura obligatoria para o alumnado do IES de Mos e últimas novidades editoriais.


Por outra banda infórmase tamén de que o Concello de Mos asinou un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e a FEGAMP para a integración da Biblioteca Pública Municipal no Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.


A integración no Catálogo supón para a Biblioteca de Mos a instauración dun programa de xestión bibliotecaria único para toda a rede, impulsando un sistema bibliotecario máis desenvolvido e moderno; a posibilidade de acceso por parte do cidadán aos servizos de todas as bibliotecas públicas da rede, a mellora da visibilidade dos fondos bibliográficos dos centros (poder consultar a través dunha páxina única en liña en que biblioteca está o documento que busca e reservalo), unha xestión máis eficiente dos recursos dispoñibles, grazas á integración de datos (a unificación de políticas e procedementos de funcionamento e a reducción de tempos dedicados aos procesos técnicos) e a instauración do carné único da Rede de Bibliotecas de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.