PONTEAREAS
A Xunta garante a redacción do proxecto da Variante de Ponteareas
Será cando o Ministerio de Fomento asine o convenio e se comprometa coa execución das obras
A Xunta de Galicia garante que licitará a redacción do proxecto da Variante de Ponteareas cando o Ministerio de Fomento asine o convenio polo que se compromete á execución das obras. Así o trasladouesta semana a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez Mourelle, aos representantes da plataforma de veciños pola Variante de Ponteareas, cos que mantivo un encontro nas dependencias da Xunta en Pontevedra, acompañada do delegado territorial, José Manuel Cores Tourís.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade lembrou que a Xunta, o Concello de Ponteareas e o Ministerio de Fomento asinaron en 2015 un protocolo de colaboración para o impulso conxunto desta infraestrutura, asumindo o Goberno galego a redacción do proxecto, o Executivo central a execución e o financiamento das obras e o municipio a titularidade da nova vía.
Co obxectivo de promover avances no desenvolvemento deste acordo, a Consellería de Infraestruturas defendeu a necesidade de asinar un convenio de colaboración para blindar o compromiso de cada administración coa Variante de Ponteareas, algo que o anterior Goberno de España reflectiu incorporando unha partida específica para estas obras nos Orzamentos xerais do Estado de 2018.
Esa infraestrutura conectará dúas estradas de titularidade estatal, a A-52 e a N-120, polo que resulta necesario contar co compromiso coa mesma da actual Administración central para poder redactar o proxecto con garantías
A propia Xunta elaborou unha proposta de convenio de colaboración, que foi entregada ao Concello de Ponteareas o pasado mes de agosto e remitida ao Ministerio de Fomento en setembro. Polo momento, nin o Goberno local nin a Administración central se pronunciaron sobre o mesmo.
A conselleira de Infraestruturas lembrou que a Variante de Ponteareas é unha infraestrutura de novo trazado que vai conectar dúas vías de titularidade estatal, a A-52 a N-120, polo que é necesario contar co visto e prace e compromiso con esta estrada dos actuais responsables do Ministerio de Fomento.
Ethel Vázquez salientou que resulta imprescindible contar con esas garantías de execución das obras antes de que o Goberno autonómico contrate a redacción do proxecto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163