Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 26 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

A Xunta inicia as obras de mellora da Intersección da PO-510 e PO-411 en Salceda

A intervención do Goberno autonómico nesta estrada conta cun investimento de 40.000 euros e un prazo de execución estimado de dous meses

A Xunta iniciou a semana pasada as obras de mellora da intersección da PO-510 e PO-411, así coma o remate das beirarrúas, no concello de Salceda de Caselas.

 

A intervención programada pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, contempla a ampliación da lonxitude das cuñas de saída da PO-510 (PK 7) cara á PO-411, nas proximidades de Salceda, co obxectivo de facilitar e mellorar a seguridades nestas manobras. Asemade, executarase un pequeno tramo de beirarrúa nesta intersección, na marxe dereita da PO-411, para conectar a beirarrúa existente na travesía de Salceda coa do paso superior que une esta estrada coa PO-510.

 

O prazo de execución destas obras é de dous meses e a actuación conta cun investimento de 40.000 euros.

 

Así mesmo, aproveitarase para rematar as beirarrúas executadas entre os puntos quilométricos 1+600 e 1+900 da PO-411.  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.