GALICIA
COGAMI presenta a campaña #Arrestópolis para denunciar a falta de accesibilidade nos edificios de vivendas
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e centros e entidades membro, celebrarán o vindeiro mércores, 28 de novembro, ás 11 horas, varias concentracións simultáneas que se desenvolverán nas seguintes localidades:
COGAMI, Íntegro, Avante, Amarai, centro de recursos Medelo, Acem Santiago, Amico
Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela
Adisbismur e Misela
Praza do Concello de Muros
Amizade
Praza de Ourense en Pontevedra
Federación Discafis COGAMI
Concellería de Urbanismo de Ourense
Asdifica
Praza Maior de O Carballiño
Ambar
Rúa Peatonal de Boiro
Federación COGAMI Pontevedra
Rúa Príncipe de Vigo (diante do Museo Marco)
Grumico
Obelisco en A Coruña
A Xanela
diante da asociación na rúa Santiago de As Pontes
centro de recursos de COGAMI en Fingoi
Praza Maior de Lugo
Agora, Federación COGAMI Lugo
Praza de España en Monforte de Lemos
Estas concentracións serán para presentar a campaña #Arrestópolis de COCEMFE nacional (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) para denunciar a falta de accesibilidade en edificios de vivendas que manteñen encerradas na súa propia casa a persoas con discapacidade e reivindicar o dereito á vida independente e a unha vivenda digna.
Actualmente, só o 0,6% dos 10 millóns de edificios de vivendas de España compren de maneira total a regulamentación en materia de accesibilidade, a pesar de que o pasado 4 de decembro finalizou o prazo legal para que todos os produtos, bens, contornas e servizos foran accesibles.
Esta campaña #Arrestópolis pretende lembrar que hoxe en día hai moitas persoas que non poden saír das súas casas, polo que o movemento asociativo de COCEMFE, do que COGAMI forma parte, pretende sensibilizar a toda a cidadanía e axentes implicados na cadea de accesibilidade para que non exista ningunha persoa présa sen ter cometido delito algún.
Esta campaña se presentará simultaneamente en 37 concentracións repartidas por toda a xeografía nacional nas que se prevé a participación de máis de 2.000 persoas.

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e centros e entidades membro, celebrarán o vindeiro mércores, 28 de novembro, ás 11 horas, varias concentracións simultáneas que se desenvolverán nas seguintes localidades:
|
COGAMI, Íntegro, Avante, Amarai, centro de recursos Medelo, Acem Santiago, Amico |
Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela |
|
Adisbismur e Misela |
Praza do Concello de Muros |
|
Amizade |
Praza de Ourense en Pontevedra |
|
Federación Discafis COGAMI |
Concellería de Urbanismo de Ourense |
|
Asdifica |
Praza Maior de O Carballiño |
|
Ambar |
Rúa Peatonal de Boiro |
|
Federación COGAMI Pontevedra |
Rúa Príncipe de Vigo (diante do Museo Marco) |
|
Grumico |
Obelisco en A Coruña |
|
A Xanela |
diante da asociación na rúa Santiago de As Pontes |
|
centro de recursos de COGAMI en Fingoi |
Praza Maior de Lugo |
|
Agora, Federación COGAMI Lugo |
Praza de España en Monforte de Lemos |
Estas concentracións serán para presentar a campaña #Arrestópolis de COCEMFE nacional (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) para denunciar a falta de accesibilidade en edificios de vivendas que manteñen encerradas na súa propia casa a persoas con discapacidade e reivindicar o dereito á vida independente e a unha vivenda digna.
Actualmente, só o 0,6% dos 10 millóns de edificios de vivendas de España compren de maneira total a regulamentación en materia de accesibilidade, a pesar de que o pasado 4 de decembro finalizou o prazo legal para que todos os produtos, bens, contornas e servizos foran accesibles.
Esta campaña #Arrestópolis pretende lembrar que hoxe en día hai moitas persoas que non poden saír das súas casas, polo que o movemento asociativo de COCEMFE, do que COGAMI forma parte, pretende sensibilizar a toda a cidadanía e axentes implicados na cadea de accesibilidade para que non exista ningunha persoa présa sen ter cometido delito algún.
Esta campaña se presentará simultaneamente en 37 concentracións repartidas por toda a xeografía nacional nas que se prevé a participación de máis de 2.000 persoas.































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217