PROVINCIA
Carmela Silva pecha a asemblea estatal da Rede Española da Ruta dos Fenicios
A presidenta da Deputación felicitou “ás persoas participantes nestes días de intercambios e propostas” e subliñou que “quedou patente a pegada dos fenicios no noso territorio, no noso paisaxe e na nosa cultura”
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, pechaba onte as dúas xornadas da reunión-asemblea da Rede Española da Ruta dos Fenicios nunha sesión de clausura aberta ao público, que contou coa conferencia de Eladio Fernández-Galiano, o asesor de Itinerarios Culturais do Consello de Europa.
Carmela Silva tivo unhas verbas de agradecemento ás persoas participantes na asemblea resaltando que “foron dous días de intercambio e de propostas en torno á Ruta dos Fenicios nos que quedou patente como a pegada da cultura está presente no noso territorio, no noso patrimonio, na nosa gastronomía, nas nosas tradicións e, por suposto, nas nosas palabras".
Tamén en relación á Ruta dos Fenicios sinalou que “temos unha oportunidade de poñer en valor o patrimonio e a cultura. Amais é un instrumento fundamental de atracción dun turismo sostible, do século XXI. Hoxe en dia un porcentaxe altísimo dos turistas móvense por cuestións culturais, e ese tipo de turismo é polo que debemos apostar". A presidenta provincial resaltou que "había a necesidade de contar a historia dos fenicios no noroeste peninsular, onde temos que impulsar a posta en valor da pegada que deixou no noso territorio, nas nosas paisaxes e na nosa cultura".
Esta xornada aberta que acolleu o edificio administrativo da Deputación de Pontevedra contou cunha interesante conferencia de Eladio Fernández-Galiano, experto cunha dilatada experiencia e actualmente asesor de itinerarios culturais do Consello de Europa. A súa conferencia marco versou sobre o programa de Itinerarios Culturais Europeos do propio Consello de Europa. A xornada rematou cunha mesa redonda composta por Ana María Niveau, da Universidade de Cádiz, que falou da Ruta dos Fenicios en España; Manolo Molinos, da Universidade de Xaén, que explicou a Ruta dos Iberos; Arturo Ruiz, presidente da Rede Española da Ruta dos Fenicios e catedrático da Universidade de Xaén, que analizou o Camiño de Aníbal, e Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra que falou da Ruta dos Kassiterides.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218