SALCEDA DE CASELAS
Losada e Tourón piden máis inversión da Xunta en Salceda
O deputado no Parlamento Galego Abel Losada achegouse a semana pasada a Salceda para visitar os lugares que foron obxecto de emendas ós orzamentos da Xunta de Galicia.
Algún dos lugares visitados foron o CEP Altamira e "os contenedores que albergan dende o inicio do curso o comedor escolar". A voceira socialista Verónica Tourón que acompañou ó deputado xunto con membros da agrupación socialista e da tamén concelleira Gela Ledo, insistiu na "necesidade de darlle unha solución integral a toda a problemática existente no eido educativo: unha ampliación claramente insuficiente, uns contenedores que albergan o comedor escolar dende inicio do curso sen auga corrente, nin electricidade e que comezaron a acondicionar aínda esta semana”. Gela Ledo engadiu que “é unha mágoa ir aceptando estes parches que en lugar de ser solucións provisionais se están convertendo en definitivas, polo que non deixaremos de seguir traballando na procura de verdadeiras solucións”.
Abel Losada, lembrou "o anuncio do Partido Popular no ano 2017 onde aseguraban que investirían ó longo do presente ano 525.000 euros no Centro de Saúde, e a única inversión feita este ano 2018 foron 200.000 euros que a Deputación financiou a través do Plan Concellos para a urbanización dos terreos”. Tourón engadiu que “non é de recibo que esperen a facer a inversión máis necesaria para Salceda en ano electoral, mentres no que vai de lexislatura a veciñanza tivemos que sufrir esta situación”.
Outra emenda histórica que fan os socialistas de Salceda é a petición dun Centro de Día, que consideran unha prioridade, xa que “non se concibe que un municipio de máis de 9.000 habitantes non teña nin un só centro de día, polo que levamos reivindicando esta necesidade fai anos”, afirma a voceira socialista.
Ademais das melloras en sanidade, sociais e educativas, tamén solicitan inversións en saneamento que a Xunta tiña comprometidas xa fai tempo e que caeron en saco rato. Lembran que a maior inversión en saneamento do concello viu da man dos socialistas cando dirixían a concellería de medio ambiente.
Outras melloras en infraestruturas como pode ser a rotonda da Lagoela, melloras de alumeado e accesos na PO-510 tamén foron presentadas como emendas, así como a urbanización da zona comercial de Tabernanova en Soutelo, na que consideran “que a Xunta só está a facer parches nas beirarrúas que non dan unha solución completa nin dinamizan a zona”.
Tanto Losada como Tourón lembran que a case totalidade das inversións realizadas nestes tres anos e medio proveñen da financiación da Deputación que preside o partido socialista. E esíxenlle á Xunta de Galicia que se deixe de facer parches de última hora e anuncios electoralistas e pídenlle ó PP de Salceda que esixan ó seu propio partido na Xunta que cumpra coa veciñanza de Salceda investindo nas necesidades reais do municipio. Esixencia que a voceira socialista estende ó goberno local “converteuse nun goberno acomodado que non realiza a interlocución necesaria coa administración autonómica para que a Xunta cumpra coas súas obrigas”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104