SALCEDA DE CASELAS
O PP "sorprendido" de que Besada recupere a escola de Vendanova
Hai só dous meses o PP propuxo converter a casa escola de Vendanova nun Centro de Formación Educativa, Persoal e Multidisciplinar
O PP de Salceda de Caselas está “sorprendido” polo anuncio do Goberno Local de rehabilitar e recuperar a casa escola de Vendanova para convertela nun centro terapéutico para persoas con Alzheimer e outras doenzas neurodexenerativas posto que este “compromiso de recuperación” xa foi incluído polos populares no seu programa electoral, concretamente a conversión desta escola nun Centro de Formación Educativa, Persoal e Multidisciplinar”, proxecto que os populares seguen mantendo a pesar deste anuncio “de última hora” do Executivo local.
Para o seu portavoz, Santiago Rodríguez Davila, “é de agradecer que o bipartito se acorde agora de rehabilitar as casas escola das parroquias do municipio para uso dos veciños despois de case doce anos na Alcaldía nas que estiveron abandonadas e apenas dous meses despois, concretamente o 29 de setembro, de que nós asinásemos ese contrato cos veciños dentro do Plan Integral de Recuperación e Posta en Valor das Escolas e Casas dos Mestres das Parroquias”.
Os populares comprometéronse a estudar as necesidades de cada parroquia e converter as antigas vivendas escolares en edificios con servizos demandados polos veciños. Así llo fixeron saber nas continuas reunións mantidas polo portavoz do PP e o seu equipo cos colectivos veciñais do municipio. De feito, o grupo popular está a levar a cabo estes días encontros coas asociacións veciñais nas distintas parroquias, a próxima esta mesma tarde en Entienza e o mércores en Parderrubias ás 21:00 h.
Os populares propuxeron en agosto incluír no seu programa a construcción dun Centro de Día nos terreos anexos ao novo centro de saúde
“Trátase de propostas concretas para cada casa escola dependendo do que nos reclamen os seus futuros usuarios”, puntualiza.
Para o PP local é “imprescindible” devolver esas casas aos cidadáns e ademais facelo para ofrecer un servizo “útil” e “necesario” no municipio, por este motivo Rodríguez Davila decidiu incluílo na súa folla de ruta para 2019. “Resúltanos curioso que tan só dous meses despois presenten este proxecto para as casas escola de Vendanova pero sentimonos agradecidos de poder servir de inspiración para o goberno bipartito de Salceda, seguiremos dándolle ideas e pensando no que queremos sexa o noso pobo para os próximos anos”, manifesta e advirte que “estaremos expectantes de que se cumpra o prometido e que as obras arrinquen, tal e como din, de inmediato”.
A atención os enfermos de Alzheimer é necesaria e fundamental en Salceda pero o PP considera que, precisamente, polas atencións que requiren estes enfermos “A Vendanova non é o lugar máis apropiado e deberíase de buscar outras ubicacións que reúnan unhas condicións máis idóneas, onde os enfermos poidan ter espazos especializados para garantir o seu coidado e a súa atención”.
Centro de Día na Devesa, xunto ao novo centro de saúde
O pasado 4 de agosto o PP local, consciente das necesidades veciñais, propuxo a construción dun Centro de Día nos terreos da Unidade de Execución UE-02 na Devesa, á beira do novo centro de saúde. “Unha localización perfecta para un servizo deste tipo dirixido aos maiores do noso pobo”, afirma Rodríguez Davila.
O obxectivo dos populares é contar coa colaboración da Xunta de Galicia na súa construción e posta en funcionamento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104