PROVINCIA
Educación concede axudas para o funcionamento de 22 escolas de música da Provincia
A convocatoria, para o que este ano se incrementou o orzamento nun 30%, vai dirixida tanto ás entidades que dependen dos Concellos como das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica esta semana no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas dirixidas a escolas de música públicas e privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro, convocatoria á que este ano se destinaron case 390.000 euros, un 30% máis ca en 2017. Un total de 22 entidades da provincia de Pontevedra reciben este apoio económico, que vai destinado a subvencionar o funcionamento tanto das escolas de música dependentes dos Concellos como das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro. No total de Galicia reciben axudas 55 escolas.
A relación de escolas de música públicas da provincia beneficiarias das cales son titulares os concellos pode consultarse no seguinte cadro:
Concello
Escola
Caldas de Reis
Escola Municipal de Música de Caldas de Reis
Cambados
Escola Municipal de Música de Cambados
Cangas
Escola de Música Municipal Mestre Inocentes Camaño
Catoira
Escola de Música Municipal de Catoira
Estrada, A
Escola de Música Municipal da Estrada
Marín
Escola de Música Municipal Mestre Landín Pazos
Moaña
Escola de Música Municipal de Moaña
Moraña
Escola de Música Municipal de Moraña
Ponteareas
Escola de Música Municipal Vila do Corpus de Ponteareas
Porriño, O
Escola de Música do Porriño
Sanxenxo
Escola de Música Municipal Lied_em
Vigo
Escola Municipal de Música de Vigo
Vila de Cruces
Escola de Música Municipal de Vila de Cruces (Artística de Merza)
Vilagarcía de Arousa
Escola de Música Bernardo del Río Parada
No caso das escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que reciben o apoio na provincia, son as seguintes:
Concello
Escola
Mos
Escola de Música de Mos
Neves, As
Escola de Música Popular de Rubiós
Ponteareas
Escola de Música Privada de Xinzo
Redondela
Escola de Música de Chapela
Rosal, O
Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal
Salceda de Caselas
Asociación Amigos da Música
Vigo
Escola de Música de Valadares
Vilaboa
Escola de Música de Vilaboa
O fin destas axudas é potenciar o funcionamento dos centros que imparten ensinanzas de música, sobre todo tendo en conta a súa crecente demanda. Ademais, tamén se busca apoiar aquelas iniciativas que implican fomentar, difundir e estender entre a sociedade xeral, e en especial entre o público xuvenil, a ensinanza musical desde unha formación non regrada. Para outorgar as axudas tivéronse en conta aspectos como o número de alumnado matriculado, de especialidades instrumentais impartidas, do profesorado e tempo de dedicación, así como as dimensións das instalacións, o volume do orzamento do centro e o importe total que o centro percibe do alumnado pola impartición das ensinanzas.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica esta semana no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas dirixidas a escolas de música públicas e privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro, convocatoria á que este ano se destinaron case 390.000 euros, un 30% máis ca en 2017. Un total de 22 entidades da provincia de Pontevedra reciben este apoio económico, que vai destinado a subvencionar o funcionamento tanto das escolas de música dependentes dos Concellos como das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro. No total de Galicia reciben axudas 55 escolas.
A relación de escolas de música públicas da provincia beneficiarias das cales son titulares os concellos pode consultarse no seguinte cadro:
|
Concello |
Escola |
|
Caldas de Reis |
Escola Municipal de Música de Caldas de Reis |
|
Cambados |
Escola Municipal de Música de Cambados |
|
Cangas |
Escola de Música Municipal Mestre Inocentes Camaño |
|
Catoira |
Escola de Música Municipal de Catoira |
|
Estrada, A |
Escola de Música Municipal da Estrada |
|
Marín |
Escola de Música Municipal Mestre Landín Pazos |
|
Moaña |
Escola de Música Municipal de Moaña |
|
Moraña |
Escola de Música Municipal de Moraña |
|
Ponteareas |
Escola de Música Municipal Vila do Corpus de Ponteareas |
|
Porriño, O |
Escola de Música do Porriño |
|
Sanxenxo |
Escola de Música Municipal Lied_em |
|
Vigo |
Escola Municipal de Música de Vigo |
|
Vila de Cruces |
Escola de Música Municipal de Vila de Cruces (Artística de Merza) |
|
Vilagarcía de Arousa |
Escola de Música Bernardo del Río Parada |
No caso das escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que reciben o apoio na provincia, son as seguintes:
|
Concello |
Escola |
|
Mos |
Escola de Música de Mos |
|
Neves, As |
Escola de Música Popular de Rubiós |
|
Ponteareas |
Escola de Música Privada de Xinzo |
|
Redondela |
Escola de Música de Chapela |
|
Rosal, O |
Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal |
|
Salceda de Caselas |
Asociación Amigos da Música |
|
Vigo |
Escola de Música de Valadares |
|
Vilaboa |
Escola de Música de Vilaboa |
O fin destas axudas é potenciar o funcionamento dos centros que imparten ensinanzas de música, sobre todo tendo en conta a súa crecente demanda. Ademais, tamén se busca apoiar aquelas iniciativas que implican fomentar, difundir e estender entre a sociedade xeral, e en especial entre o público xuvenil, a ensinanza musical desde unha formación non regrada. Para outorgar as axudas tivéronse en conta aspectos como o número de alumnado matriculado, de especialidades instrumentais impartidas, do profesorado e tempo de dedicación, así como as dimensións das instalacións, o volume do orzamento do centro e o importe total que o centro percibe do alumnado pola impartición das ensinanzas.



































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218