Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 28 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
MONDARIZ BALNEARIO

Reunión informativa do BNG en Mondariz Balneario sobre a situación da pediatra

Convocan á veciñanza este mércores 28 ás 18:30h na Sala da Cultura

O BNG convoca ás veciñas e veciños de Mondariz Balneario a unha reunión informativa sobre a situación na que se atopa a pediatría para as nenas e nenos da localidade. A xuntanza celebrarase este mércores 28 de novembro, ás 18:30h na Sala da Cultura de Mondariz Balneario.


O Portavoz Municipal do BNG, César Gil, sinalou que esta xuntanza “servirá para facer unha análise conxunta coa veciñanza da situación actual e para establecer as medidas e reivindicacións a seguir para garantir un servizo de pediatría digno para as familias do noso municipio”. Así mesmo, Gil sinalou que nesta xuntanza participarán portavoces da Plataforma en Defensa do Servizo de Pedriatría, que o BNG apoia dende a súa recente creación.


César Gil lembra que “o BNG xa rexistrou no Parlamento Galego unha iniciativa para que o goberno do PP na Xunta responda ante a problemática da pediatría de Mondariz, que nos afecta tamén aos concellos de Mondariz Balneario e Covelo”. “As veciñas e veciños estamos pagando os recortes do goberno de Feijoo, que están provocando un deterioro continuo da atención sanitaria primaria que se ceba especialmente co persoal médico, coa redución de prazas e a precarización das súas condicións laborais”, conclúe o Portavoz Municipal do Bloque.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.