PROVINCIA
Carmela Silva pecha acordos en Barcelona en materia de turismo e igualdade
Rotundo éxito do primeiro workshop da Deputación de Pontevedra e da presentación do destino Rías Baixas no Hotel Grand Marina no que 120 empresas catalás, medios de comunicación e turoperadores se reuniron con 30 empresas pontevedresas
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo ao longo do día de onte unha completa axenda en Barcelona para pechar novas liñas de actuación para a potenciación da provincia de Pontevedra. Deste xeito, Silva comezou a xornada cunha reunión co Fórum Gastronómico no Hotel Gran Marina de Barcelona, continuou cun encontro coa alcaldesa de L´Hospitalet de Llobregat, Nuria Marín, e rematou pola tarde co workshop de traballo entre empresas catalás e pontevedresas e coa presentación do destino pontevedra Provincia.
Carmela Silva amosou a súa satisfacción polos encontros pechados no workshop que vén de rematar no que máis de 120 empresas catalás, medios de comunicación e turoperadores se reuniron cunha trintena de representantes de empresas pontevedresas no Hotel Grand Marina de Barcelona. Deste xeito, participaron 15 empresas do Salnés entre as que se atopaban o Gran Talaso Hotel Sanxenxo, o Hotel Carlos I, Hotel O Son do mar, Hotel Pirámide, Galicia Villas, Interrías, Ciruictos Galicia, Hotel Nanín, Hotel El Puente de Sanxenxo; Tee TRavel de Vilagarcía; Bodegas Mar de Frade de Meis, Paco & Lola e Lagar de Besada de Meaño, Bodega Gran Bazán de Vilanova e a Ruta do Viño Rías Baixas de Cambados.
Da comarca de Vigo participaron un total de cinco empresas entre as que se atopaban a Naviera Nabia, Abramar, o Sercotel Hotel Bahía de Vigo, Hotel Ciudad de Vigo e o Hotel Zenit Vigo. Tamén a comarca de Terra de Montes tivo representación da man de Simply Galicia da Estrada. Pola súa banda, da comarca do Baixo Miño acudiu o Hotel Talaso Atlántico de Oia e do Condado o Balneario de Mondariz.
Tralo workshop, tivo lugar un cóctel de presentación do destino Rías Baixas no que, amais do presidente do Cluster de Turismo de Galicia e do presidente de Feprohos, tamén se deron cita autoridades locais de Barcelona e o presidente do Centro Galego na cidade condal. Durante a presentación proxectouse o vídeo de “Somos historias” e déronse a coñecer os principais atractivos turísticos da provincia arredor do patrimonio, eixo de promoción da Deputación durante este ano.
Recepción oficial en L´Hospitalet de Llobregat
A presidenta da Deputación de Pontevedra acudiu pola mañá ata L´Hospitalet de Llobregat onde foi recibida pola alcaldesa Nuria Marín. Durante a recepción oficial ambas dirixentes intercambiaron opinións sobre as políticas públicas en materia de igualdade no eido local, nas que L´Hospitalet é un concello pioneiro. Silva aproveitou a ocasión para enxalzar iniciativas como o Centre D´Atenció i Informació a la Dona (CAID) que, xurdido en 1986, foi o primeiro centro que se puxo en marcha en Cataluña en materia de igualdade e defensa dos dereitos das mulleres e un referente para o resto dos municipios do estado.
Máis polo miúdo, Silva coñeceu de primeira man a app que o goberno local de L´Hospitalet puxo en marcha para conectar ás mulleres de xeito rápido e seguro cos sistemas de emerxencia. Esta novidosa iniciativa espertou o interese do actual Goberno do Estado que pretende implantala, de forma experimental, a través dun proxecto piloto no conxunto do territorio español. Neste eido, a presidenta provincial amosou a súa vontade de formar parte deste proxecto piloto a través dos concellos pontevedreses.
Amais, durante a recepción oficial, Carmela Silva presentou a Marín as iniciativas que a Deputación de Pontevedra está a desenvolver en materia de igualdade, como o programa de “Mulleres en acción. Violencia Zero” ou a Escola de Igualdade María Vinyals.
Entre a completa axenda de reunións mantidas durante a xornada de hoxe pola presidenta da Deputación de Pontevedra en Barcelona, tamén tivo lugar un encontro de traballo coa dirección do Fórum Gastronómico. Durante esta reunión, celebrada no Hotel Grand Marina de Barcelona, abordáronse novas vías de colaboración que van permitir situar como referente de vangarda e calidade ao destino Rías Baixas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218