MOS
Mos dalle continuidade á tradición dos callos na comarca da Louriña
A Unión Deportiva Mos celebrará a II Festa dos Callos en Sanguiñeda o vindeiro domingo 2 de decembro
A segunda Festa dos Callos de Mos, organizada pola Unión Deportiva Mos, presentouse esta mañá no Concello, coa asistencia de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Alberto Méndez, tenente alcalde de Mos, Sara Cebreiro, concelleira mosense de Cultura, Pablo Alonso Serodio, presidente da Unión Deportiva Mos e responsable de operacións da Festa dos Callos, outros representantes da directiva da U.D. Mos, e representantes de Coren (entre os que se atopaban Fernando Córdoba, xefe unidade de negocio - Grupo Coren, e Alejandro Alonso, mestre chef - Grupo Coren).
A festa celebrarase o vindeiro domingo 2 de decembro. Alejandro Alonso de Coren será o mestre chef.
A fábrica do Grupo Coren atópase na veciña localidade do Porriño e un importante número de traballadores/as da mesma son mosenses, por iso dende a Unión Deportiva Mos decidiuse o ano pasado implantar esta celebración gastronómica neste municipio.
Esta homenaxe culinaria a un prato moi invernal e tradicional da cultura galega en xeral e da comarca da Louriña en particular celebrarase, como xa se dixo, o domingo 2 de decembro na Avenida de Sanguiñeda, nas inmediacións da Discoteca Queen, onde haberá instalada unha gran carpa.
Dende a organización da festa esperan que, tras este segundo ano de celebración, perdure moitas máis edicións para o que tentarán seguir mellorando ano tras ano.
Nesta ocasión cociñaranse 5.000 racións, e estarán preparados para aumentar este número se fixese falta. O prezo da ración para levar para a casa será de 5 euros e para tomar in situ 7 euros, incluíndo pan, viño branco de Arantei e cunca e prato de agasallo.
A celebración contará con animación musical o 2 de decembro ao longo de todo o día, a cargo de Single Radio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217