Miércoles, 11 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 29 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Movemento Salceda, Movemento Oia e Son de Tui na candidatura de Luis Villares

“Coidando a casa”, a lista encabezada por Luis Villares para as eleccións ao novo Consello das Mareas que se celebrarán esta fin de semana, realizará un acto público mañá venres ás 21:00 horas no hotel Alfonso I de Guillarei (Tui). O acto contará coas intervencións de Xoán Lois Vila, portavoz de Movemento Oia, Laureano Alonso, Portavoz de Son de Tui e Marcos Besada, Alcalde de Salceda (Movemento Salceda).

 

“Coidando a casa” é unha lista transversal, que busca exemplarizar a súa aposta polo valor de base territorial, coa idea de poñerse mans á obra para crear a cultura do común, a cultura da Marea na que as diversas culturas se complementen e non compitan, nunha síntese que deixe atrás ideas erróneas que puideran parecer sólidas e seguras.

 

Sabendo da dificultade de aceptar as ideas do outro, “Coidando a casa” non quere construír unha organización onde uns en mesas previas definan, como fan as élites do sistema nos seus clubs privados, as orientacións e decisións da Marea de costas ao debate aberto entre todas e todos. É decir, búscase a máxima participación, tanto dentro da propia Marea como desta coa sociedade, con mecanismos que aseguren un debate transparente e honesto.

 

Marcos Besada, Alcalde de Salceda explicaba que  “creemos nos lexítimos intereses de cadaquén mais sempre supeditados ao ben común, xa sexa dun proxecto compartido ou do País. Creemos na defensa irrenunciable do País, dende o respeto á diversidade e á autonomía, e aos feitos municipais pegados á realidade e véndolle aos ollos aos veciños e veciñas: aos galegos e galegas. E creemos sinceramente en Luís Villares: na súa capacidade, no seu compromiso, e sobre todo na súa humildade.”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.